Galicia
Xa está dispoñible en galego a interface do comunicador dinámico AsTeRICS GRID
Grazas ao labor do Departamento de Orientación do IES Eusebio Baleirón, xa está dispoñible en galego o comunicador dinámico AsTeRICS GRID, unha aplicación que permite usar pictogramas e imaxes para mellorar a comunicación de persoas con dificultades.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e Igaciencia premian a innovación científica en galego entre a mocidade no certame anual Novos Poliedros

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da terceira edición do certame Novos Poliedros, convocado co gallo do Mes da Ciencia en Galego por Igaciencia -Institución Galega da Ciencia- coa colaboración da Xunta de Galicia para promover entre a mocidade a innovación científica en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Novas propostas de xogos de mesa en galego chegan ás tendas co gallo das festas do Nadal

A proximidade das festas de Nadal favorece a chegada ao mercado de xogos de mesa en galego. Neste 2023 súmanse á oferta dispoñible Sálvora de Brazolinda Xogo, Galiza no tempo de OzocoGZ e Invisibilizadas da cooperativa Atalaias.
Fonte: Culturagalega
A Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo gaña o distintivo de galeguización Gal Ego 2023
O distintivo de galeguización Gal Ego, impulsado pola Universidade de Vigo, foi este ano para a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o emprego da lingua galega en facultades e escolas desta institución.
Fonte: Universidade de Vigo
A colección completa de Esenciais, que ofrece recursos en galego para a docencia, xa está dispoñible en liña
Toda a colección de Esenciais, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela, está dispoñible en liña de xeito gratuíto. Está composta por 55 recursos de apoio didáctico en galego que conteñen a parte máis significativa dunha materia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase a sétima edición do Concurso “Quero Cantar” para o fomento da creatividade poética e musical en galego

A Deputación da Coruña convoca a sétima edición do Concurso “Quero Cantar”, cuxo obxectivo é fomentar o uso do galego e a creatividade poética e musical entre a poboación infantil e xuvenil de ata 16 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Dezanove centros de secundaria súmanse á campaña de dinamización lingüística #Aquítaménsefala

O éxito da campaña «Aquí tamén se fala galego», impulsada o pasado curso polo IES Rafael Dieste (A Coruña), levou a que outros centros se sumasen á iniciativa, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego no comercio local e demostrar que as actitudes lingüísticas deste sector son favorables á lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta loa o traballo literario do enxeñeiro Francisco Fernández Dávila na entrega do XVII Premio de Narrativa Breve Repsol
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XVII Premio de Narrativa Breve Repsol ao enxeñeiro e escritor Francisco Fernández Dávila, galardoado pola súa obra Groenlandia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez enxalza o gran momento da industria cultural galega e a súa capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a 16ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra coa ollada posta na captación de públicos e no avance dos fitos culturais que protagonizarán o 2024 na nosa Comunidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O festival Carballo Interplay crea un novo galardón ao mellor contido dixital en galego

O festival Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2024, presenta unha novidade para a vindeira edición: o Premio a Mellor Contido Dixital en Galego, cuxo obxectivo é darlles visibilidade aos creadores e creadoras que difunden contidos audiovisuais nesta lingua na rede.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín