Galicia
Convócase unha nova edición do Concurso de relato oral Tíralle da Lingua
Este certame, impulsado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, ten como obxectivo normalizar o uso oral do galego e contribuír a que se converta en instrumento de comunicación e creación de historias no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago acolle un acto de celebración do Día da Galeguidade Empresarial
No marco desta celebración as tres universidades públicas galegas salientaron a necesidade de que as empresas incorporen a lingua galega á súa actividade diaria. No acto rendéuselle homenaxe á figura de Ramón Castromil Ventureira co gallo do trinta aniversario da galeguización da empresa Castromil.
Pontevedra acollerá a novena edición da iniciativa «LGx15. Ideas para o futuro da lingua»
«LGx15. Ideas para o futuro da lingua» é unha iniciativa impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que ten como obxectivo recompilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro do galego.
Fonte: CTNL
A poeta Yolanda Castaño colabora coa Xunta no obradoiro de tradución poética da Illa de San Simón
A poeta Yolanda Castaño, recentemente gañadora do Premio Nacional de Poesía 2023, colabora coa Xunta de Galicia no XII Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, que se celebra na Illa de San Simón.
Fonte: Xunta de Galicia
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o informe da Liña do Galego do ano 2022
Segundo os datos recollidos neste último informe, ao longo do ano 2022 tramitáronse 1048 expedientes, dos que 469 foron queixas. En termos xerais, as persoas usuarias queixáronse por cuestións relativas á toponimia, a sinalización, os servizos en liña ou a imposibilidade de uso do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
Xunta e Real Academia Galega lanzan a sexta edición do Programa de Recompilación de Topónimos logo de recuperar xa preto de 70 000

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron a sexta edición do programa «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra» que, no marco dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados pola Xunta de Galicia e coordinados pola RAG, chega este outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta pon en valor o uso do galego na etiquetaxe de produtos alimentarios como sinónimo de excelencia e calidade
O conselleiro do Medio Rural, José González, interveu na clausura dos Premios Bacelos de Prata en Ribadavia, organizados pola Asociación Álvaro de las Casas, que recoñecen o labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase un informe que cifra o impacto económico do galego nos 1440 millóns de euros

O valor económico do galego é o título deste documento pioneiro que, por primeira vez, mostra a contribución da lingua galega ao conxunto da economía de Galicia. Así, este informe cuantifica o seu impacto directo en 1440 millóns de euros de valor engadido bruto (VEB) e en 27 702 postos de traballo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Denuncian o incumprimento da Iniciativa Xabarín para o incremento da programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística iniciou unha campaña para esixir o cumprimento da Iniciativa Xabarín, que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021.
Fonte: Galicia Confidencial
Ferrol acolle o acto de presentación do colectivo Brincarmos, cuxo obxectivo é promover o uso do galego na infancia
No acto de presentación do colectivo Brincarmos, que nace coa intención de favorecer o uso do galego na infancia, celebrarase o primeiro Día da Crianza Galegofalante e haberá un programa de actividades para as familias.
Fonte: Culturagalega.org
Boletín
Subscríbase ao boletín