Galicia
O Concello de Ames presenta a programación do programa Apego de fomento da transmisión do galego
Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro desenvolveranse as actividades en galego que compoñen a programación infantil con Apego, entre as que se inclúen xogos, contos, obradoiros, espectáculos musicais e teatrais, maxia ou cinema.
Fonte: Concello de Ames
“O Corno” convértese no primeiro filme en galego en optar á Concha de Ouro no Festival de Cine de San Sebastián

Por primeira vez un filme en galego opta á Concha de Ouro deste prestixioso festival internacional, que chega á súa 71 edición. Trátase da longametraxe O corno, dirixida por Jaione Camborda.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Santiago de Compostela organiza dous obradoiros de acollemento lingüístico

Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) están dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas. Terán unha duración de 36 horas distribuídas en dúas sesións semanais.
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes convoca un curso de galego
Este curso de galego de 40 horas de duración, deseñado para preparar as probas Celga, prolongarase dende o 20 de setembro ata o 15 de novembro de 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha nova edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe

A AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas, abriu a convocatoria do V Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2023-2024, ao que deberán presentarse obras orixinais e inéditas en lingua galega.
Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Convócase o VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba para obras poéticas en lingua galega

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino convocan o VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba, ao que poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen sempre que presenten a súa obra en lingua galega.
Fonte: Concello de Cospeito
Unha ruta por Ferrol percorre os lugares da represión da lingua galega na cidade
Carlos Callón, autor da obra O libro negro da lingua galega, exerceu de guía por Ferrol dunha ruta que percorreu os lugares máis importantes da represión do galego na cidade.
Fonte: Diario de Ferrol
A TVG estrea a serie Bechos, un novo contido en lingua galega para promover o coidado ao medio entre a cativada

A TVG presentou a nova serie de animación infantil Bechos, un proxecto divulgativo que busca sensibilizar os máis novos sobre cuestións medioambientais e que forma parte dos contidos seleccionados pola compañía na convocatoria de proxectos dixitais en lingua galega en apoio do sector audiovisual.
Fonte: CRTVG
Preséntase a programación da nova edición das Festiletras do Couto chea de actividades en galego
A 41.ª edición das Festiletras do Couto estenderase do 1 ao 3 de setembro con novidades como o mercado da Deputación, as acampadas e a gastronomía.
Fonte: La Voz de Galicia
O novo modelo de tradución mediante intelixencia artificial de Meta entende o galego

Meta presentou SeamlessM4T, un modelo de tradución mediante intelixencia artificial multilingüe e multimodal que conta con varias funcións en arredor dun cento de linguas, entre elas, o galego.
Fonte: Código Cero
Boletín
Subscríbase ao boletín