Galicia
Convócase unha nova edición do Premio Luís Porteiro Garea que recoñece o traballo a prol do galego na Universidade de Santiago
A Universidade de Santiago convoca anualmente estes premios que recoñecen traxectorias ou iniciativas que contribuíron á normalización do galego nesta institución.
Máis de 800 estudantes dos institutos de Redondela participan nunha iniciativa para impulsar o uso do galego en todos os contextos
Máis de 800 estudantes dos institutos de Chapela, Pedro Floriani e Mendiño participan na iniciativa «Unha semaniña enteira» pola que se comprometen a falar galego en todos os contextos da súa vida.
Fonte: Faro de Vigo
A Egap convoca formación lingüística para o persoal da Administración pública galega
A Escola Galega de Administración Pública publica a convocatoria de actividades formativas, entre as que figuran as de carácter lingüístico cos seguintes cursos: “A normativa do galego estándar: actualización gramatical, ortográfica e léxica”, “A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos” e “Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O colexio Raquel Camacho da Coruña e o CIFP A Carballeira de Ourense gañan o concurso escolar das letras galegas para homenaxear a Luísa Villalta
O concurso escolar da Xunta de Galicia para a elaboración da exposición sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, xa ten gañadores: o Colexio CEIP Raquel Camacho, da Coruña, e o Centro Integrado de FP CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.
Fonte: Xunta de Galicia
Rueda destaca o carácter valente e transgresor de Rosalía que a converteu nun símbolo da identidade e a cultura galega
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou a Rosalía de Castro coma unha autora valente e transgresora que será lembrada para sempre coma unha icona da literatura galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta destaca a contribución de Claudio Rodríguez Fer á literatura galega contemporánea na entrega do Cunqueiriano de Honra 2024
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos que o Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, co apoio da Xunta de Galicia, organizaron para conmemorar o cuadraxésimo terceiro aniversario do pasamento do escritor mindoniense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Carballo promove o uso do galego no sector hostaleiro
Coa colaboración do sector hostaleiro, por segundo ano consecutivo o Concello de Carballo realizará unha repartición masiva de gardamanteis con pasatempos en galego da revista A píllara.
Fonte: Concello de Carballo
A Deputación de Pontevedra convoca axudas para a edición de obras en galego de difusión cultural
As axudas están dotadas, neste 2024, cun orzamento de 90 000 euros. Esta convocatoria, dirixida a entidades sen ánimo de lucro, ten como obxectivo fomentar a edición de publicacións en galego de interese social e cultural para a provincia de Pontevedra.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O colectivo Egeria, a Xunta e a UNED poñen en marcha Lugopoética para impulsar novos talentos da man de autores consagrados
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación de Lugopoética 2024, un ciclo de encontros arredor da poesía para impulsar novos talentos da man de autores consagrados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta pon en marcha un servizo de videointerpretación para dar atención ás persoas xordas nas urxencias sanitarias
A Xunta de Galicia pon en marcha un servizo de videointerpretación para dar atención ás persoas xordas nas urxencias sanitarias que estará dispoñible 24 horas e 365 días ao ano no 061.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín