Galicia
O escritor lucense Lois Pérez gaña o VI premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
O mestre, poeta, escritor e guionista lucense, Lois Pérez, venceu o sexta edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil convocado polo Concello de Pontevedra e a editorial Cuarto de Inverno polo seu libro Cartas de Inverno.
Fonte: Cultura Galega
Convócase o II Premio de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”

Este galardón, que convoca a Asociación Amigos de Otero Pedrayo en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, está dirixido a alumnado de entre 15 e 23 anos e ten como obxectivo incentivar as habilidades comunicativas orais e unha expresión correcta en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Santiago celebra a Festa do Apego con actividades para a socialización en galego da infancia
A nova edición da Festa do Apego inclúe na súa programación contos, música, xogos e outras propostas para que nenas e nenos poidan gozar e socializar en galego durante todo o día.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publica os vídeos da última edición do LGx15
A novena edición do LGx15, un proxecto para compartir argumentos e experiencias para influír no futuro do galego, celebrouse en Pontevedra o pasado 28 de outubro. Os vídeos das diferentes charlas desta iniciativa iranse publicando de aquí a final de ano na canle de Youtube da CTNL.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Pontevedra publica as axudas a entidades para organizar actividades de promoción do galego
A listaxe de axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra inclúe as entidades culturais beneficiarias da provincia para que desenvolvan actividades de promoción do galego durante o ano 2023.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha campaña promoverá o uso do galego no comercio local de Narón

O Concello de Narón e a Asociación de Comerciantes do municipio organizan un obradoiro no marco da campaña Narón gaña co galego, que ten como obxectivo promover o uso do galego no comercio local.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O novo número de Cadernos de Lingua inclúe un traballo sobre a velocidade de lectura en galego
O novo número de Cadernos de Lingua, que xa está dispoñible para a súa descarga na sección de publicacións da Real Academia Galega, aborda temas como a velocidade de lectura en galego ou as perífrases temporais no galego oral contemporáneo, entre outros.
Fonte: Real Academia Galega
A Real Academia Galega e a Deputación da Coruña asinan o convenio de colaboración anual
Trátase dun convenio polo que a Deputación da Coruña financia con 60 000 euros distintas actividades da Real Academia Galega deste ano.
Fonte: Real Academia Galega
A serie 'O Seminario de Onomástica responde' explica a orixe e o significado de nove novos topónimos

A última tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde da Real Academia Galega inclúe a explicación da orixe e o significado destes topónimos: Agolada, Balaídos, Cereixo, Chamoso, Eiré, Moeche, O Orzán, Palas de Rei e Vilariño de Conso.
Fonte: Real Academia Galega
Héctor Carré gaña o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego
Héctor Carré, co seu traballo Sinais, fíxose con este galardón que convoca a Asociación Sindical Galega de Guionistas e polo que recibirá 2000 euros.
Fonte: Culturagalega
Boletín
Subscríbase ao boletín