Galicia
Publícanse as conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística nas que se destaca a rendibilidade do galego para o sector económico
Xa está dispoñible para a súa descarga o documento coas conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística no sitio web do Consello da Cultura Galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O festival “Alguén que respira!” arranca a súa sétima edición arredor do Día Mundial da Poesía
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da sétima edición do festival de poesía “Alguén que respira!”, impulsado polo Concello de Santiago co apoio da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Facultade de Filoloxía acolle ata o 18 de abril unha exposición que visibiliza o legado das mulleres na literatura universal
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición «8 libros 8 mulleres que cambiaron o mundo», que desenvolve a Universidade de Santiago de Compostela (USC) co apoio da Xunta de Galicia para visibilizar o legado das mulleres na literatura universal.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca as probas para obter os certificados de lingua galega Celga nos seus catro niveis

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame remata o venres 5 de abril.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta enxalza o legado do filólogo negreirés Xosé Luís Pensado no centenario do seu nacemento
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Compostela na apertura do simposio Xosé Luís Pensado, 100 anos (1924-2024), organizado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ponse en marcha unha nova edición de «Ben veñas, maio», un programa para fomentar a creatividade e o uso do galego entre a mocidade
O Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de dous centros educativos da cidade presentan unha nova edición desta iniciativa dirixida ao alumnado.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta destaca a importancia de fomentar a literatura infantil e xuvenil en lingua galega

Coincidindo co 20 aniversario da creación da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano (LIJMI)», celébrase o Seminario Internacional Investigación e Crítica na Literatura Infantil e Xuvenil (2004-2024) no Pazo de San Roque coa colaboración do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e do grupo de investigación universitario LITER21.
Fonte: Portal da Lingua Galega
Xa se poden ver os vídeos gañadores do certame Enreguéifate 2024
Enreguéifate é unha iniciativa de difusión da improvisación oral en verso para contribuír á promoción do uso do galego. Na páxina web do proxecto xa se poden ver os doce vídeos gañadores nas diferentes categorías na edición de 2024.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa

A décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase do evento principal no ámbito do procesamento da linguaxe natural e a intelixencia artificial arredor do portugués escrito e falado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase en Muros un volume sobre a súa toponimia
A obra Toponimia de Muros, de Alfonso Blanco Quintela, afonda na orixe e no significado dos 105 nomes da toponimia maior de Muros e en sete máis pertencentes á toponimia menor.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín