Galicia
A Xunta destina 350 000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais

A Xunta de Galicia destinará este ano 350 000 euros á promoción da lingua galega no eido local. Así o recolle a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Trinta estudantes de Filoloxía participaron no Validatón organizado polo Instituto da Lingua Galega
Grazas ao Validatón (maratón de validación de fragmentos de voz) revisouse un total de 23 314 fragmentos de voz en galego na plataforma Common Voice, o que permitirá que distintas aplicacións informáticas poidan comprender as persoas que falen esta lingua.
A Universidade de Santiago traballa na tradución ao galego de varias normas UNE

Dende hai uns meses o Servizo de Normalización Lingüística está a traballar na versión en galego dalgunhas normas UNE do ámbito da óptica oftálmica nas que ten máis presenza a terminoloxía técnica.
A Fundación Venancio Salcines e a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello colaborarán para o fomento da lingua e a cultura galegas
Ambas as entidades subscribiron un convenio para o fomento da lingua e a cultura galegas que permitirá avanzar no desenvolvemento do idioma e impulsar accións comúns para poder exercer o dereito de vivir en galego.
Preséntase Medra.gal, unha ferramenta en liña en galego para acompañar as persoas emprendedoras no lanzamento dos seus negocios
Medra.gal é unha nova plataforma en galego para avanzar na transformación dixital a través dunha páxina web con formación en emprendemento, márketing e negocios dixitais dirixida a persoas que queiran lanzar, consolidar ou facer medrar un negocio en internet.
Fonte: Código Cero
Román Rodríguez enxalza a figura de Paco Lareo polo seu labor a prol da dinamización cultural na comarca do Deza
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do Parque do Pintor Paco Lareo en Lalín.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O paseo das Palabras do Ano de Lugo incorpora o neoloxismo «cibercarracho»
A que foi escollida Palabra do Ano 2024, o neoloxismo «cibercarracho», acaba de sumarse a este paseo que ten como obxectivo mellorar a imaxe da cidade de Lugo e poñer en valor a lingua galega.
Fonte: Real Academia Galega
O Concello de Ames convoca unha nova edición do seu certame literario de narrativa e poesía en lingua galega
O Certame Literario de Ames chega á súa XXI edición á que se poden presentar textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega ata o vindeiro 24 de abril. O obxectivo desta iniciativa é a promoción da creación literaria en galego para reforzar o proceso de normalización lingüística.
Fonte: Concello de Ames
A Universidade de Santiago convoca a segunda edición do concurso Vémolo Nós para fomentar o uso do galego na divulgación científica

O concurso de vídeos Vémolo Nós pretende fomentar o uso do galego como lingua de divulgación científica. Con estes vídeos curtos e orixinais en galego constituirase un compendio de materiais audiovisuais útiles e de calidade para a docencia no ámbito universitario.
A Egap convoca actividades de formación lingüística para o persoal da Administración local
Entre as actividades de formación que convoca a Escola Galega de Administración Pública, figura un curso de redacción de documentos técnico-xurídicos en galego, na modalidade de teleformación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín