Galicia

A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, reafirmaron o seu compromiso de colaboración entre ambas as institucións na promoción e defensa da lingua galega durante o seu primeiro encontro, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Coruña organiza andainas guiadas para coñecer a relación da cidade coa lingua galega e a literatura

Trátase dunha nova edición do programa «A Coruña das Letras» que inclúe unha serie de andainas por diferentes barrios da cidade guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición do Certame Ouff Escola para impulsar o uso do galego entre a mocidade

O Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décimo quinta edición deste certame dirixido a centros de ensino que ten como obxectivos fomentar o uso do galego e a creatividade audiovisual entre a mocidade, así como promover o traballo en equipo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Feiraco organiza un certame de microrrelatos para fomentar a creatividade literaria en galego

Feiraco súmase á celebración do Día das Letras Galegas coa convocatoria da 12.ª edición do Certame de Microrrelatos Feiraco que ten como obxectivo fomentar a dinamización do galego e a creatividade literaria nesta lingua. Os relatos deberán ter 500 palabras como máximo, de temática libre, pero deben comezar coa frase “Púxenme a escoitar”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta lanza a cuarta edición do programa de intercambio literario para reforzar a proxección internacional das letras galegas

A Xunta de Galicia acaba de lanzar a convocatoria da cuarta edición do programa de intercambio literario, que ten como obxectivo reforzar a proxección internacional das letras galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega actualiza o seu dicionario coa incorporación de novas entradas

A Real Academia Galega engadiu na última actualización do seu dicionario corenta voces, así como novas acepcións ou melloras na redacción doutras vinte entradas.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta potencia a música actual en galego na I edición do festival “Aquí tamén se fala”

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da I edición do festival “Aquí tamén se fala”, impulsado polo IES coruñés Rafael Dieste co apoio da Xunta, o Concello e a Deputación da Coruña, entre outros.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta subvenciona con 270 000 euros 30 proxectos de escrita de guións para novas películas e series

A Xunta de Galicia fai pública a resolución da convocatoria de subvencións para a escrita de guións audiovisuais, unha nova liña de apoio ao sector lanzada por primeira vez este ano e a través da que o Goberno galego outorga 270 000 euros a 30 proxectos orixinais ou de adaptacións literarias que teñen como destino a produción de longametraxes cinematográficas ou de series para televisión.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística solicita que se garanta o dereito a usar o galego nas comisarías de policía

Esta demanda do dereito a usar o galego en todas as comisarías de policía de Galicia prodúcese despois da queixa dunha veciña de Pontevedra que foi acusada por un axente de falta de respecto á autoridade por insistir no seu dereito a ser atendida nesta lingua.

Fonte: Galicia Confidencial

José López sinala o compromiso do Goberno galego coa promoción da lingua entre a mocidade investigadora

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, participaron no acto de entrega dos XIX Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns promovidos pola USC co apoio da Xunta de Galicia co fin de impulsar o uso da lingua galega na elaboración e na defensa oral dos traballos desenvolvidos polo alumnado da universidade compostelá.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder