Galicia
López Campos salienta o exemplo para as xeracións máis novas do compromiso de Luísa Villalta coa terra, a lingua e a cultura
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, puxo como exemplo para as xeracións máis novas o “compromiso coa terra, coa lingua e coa cultura” da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, a escritora, música e docente Luísa Villalta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Santiago organiza paseos guiados para coñecer a relación de Compostela coa lingua galega

«Compostela e as orixes da lingua» ofrece unha andaina guiada por doce puntos da cidade para achegarse ás súas orixes e á súa relación coa lingua galega a través dun percorrido de dúas horas no que as persoas participantes descubrirán como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia, ao status social...
A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a XII edición do Certame de Microrrelatos para conmemorar as letras galegas entre a toda a sociedade

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar a XII edición do Certame de Microrrelatos para celebrar o Día das Letras Galegas entre toda a sociedade incentivando o pensamento creativo e a lectura en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para a dinamización do galego na Administración local

Esta convocatoria de axudas, dirixida aos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50 000 habitantes, servirá para que desenvolvan iniciativas de promoción do uso do galego, de mellora do seu prestixio e de dinamización social desta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publícase un volume de estudos sobre a estandarización das linguas na península ibérica
O Consello da Cultura Galega publicou en liña A estandarización das linguas na Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, un volume que recolle unha serie de traballos que ofrecen unha panorámica sobre os procesos de estandarización destas linguas: galego, portugués europeo e brasileiro, catalán, éuscaro e castelán.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Pontevedra convoca axudas destinadas ás entidades culturais para o fomento do galego
Esta convocatoria de axudas está dirixida a entidades culturais sen fin de lucro e subvencionará proxectos que teñan como obxectivo fomentar o uso e o prestixio do galego, ou estudar aspectos relacionados coa sociolingüística e a toponimia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Redondela organiza un ciclo de cinema en galego
O Multiúsos da Xunqueira acollerá este ciclo de cinema en galego ao longo dos meses de maio e xuño no que se proxectarán catro longametraxes: O Corno, Sica, As bestas e Os días afogados.
Fonte: Radio Redondela
A X Xornada do Día das Letras Galegas achégalle a figura de Luisa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre a rapazada
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na apertura da X Xornada do Día das Letras Galegas, organizada cada ano pola Secretaría Xeral da Lingua e o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Cidade da Cultura reúne representantes dunha vintena de linguas minoritarias para traballar na promoción da diversidade lingüística en Europa

A Cidade da Cultura reuniu as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na Unión Europea.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O protocolo de colaboración en materia de política lingüística elixe de novo Santiago para celebrar a súa reunión anual
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística subscrito polos gobernos de Galicia, Cataluña, Illas Baleares, Comunidade Valenciana, Navarra e o País Vasco para establecer unha estrutura de colaboración entre os departamentos de política lingüística das comunidades autónomas con lingua propia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín