Galicia
A Deputación de Pontevedra abre o prazo para solicitar axudas para actividades de dinamización lingüística
Os concellos de menos de 50 000 habitantes e entidades culturais sen fins de lucro da provincia de Pontevedra poden solicitar ata o 27 de maio axudas para actividades de dinamización da lingua galega.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Unha manifestación percorre as rúas de Santiago no Día das Letras Galegas para reivindicar máis protección para o galego
A manifestación do 17 de maio, convocada pola plataforma Queremos Galego, a favor do uso da lingua galega, comezou na Alameda de Santiago e chegou ata a praza da Quintana.
Fonte: Galicia Confidencial
A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello impulsa un programa de aprendizaxe do galego en liña
Esta asociación organiza un programa de aprendizaxe do galego en liña impartido pola docente Carolina Silva Arandia con diferentes modalidades: clases de galego grupais, encontros de conversa en liña e clases de alfabetización.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Foro Enrique Peinador celebra en Lalín o Día da Galeguidade Empresarial

O Día da Galeguidade Empresarial conmemorará este ano o 75 aniversario da creación da empresa Embutidos Lalinense e porá en valor a súa aposta pola galeguización da actividade empresarial e da etiquetaxe dos seus produtos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ames organiza a quinta edición da Festa do Apego
A V Festa do Apego inclúe maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. Esta celebración enmárcase no proxecto Apego que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias.
Fonte: Concello de Ames
O Concello de Arzúa organiza unha campaña para impulsar o uso do galego
A campaña «En galego, sen límites!» é unha iniciativa que ten como obxectivo normalizar o uso desta lingua en amplos sectores sociais e supón a primeira de moitas accións previstas para fomentar o seu uso no día a día da poboación.
Fonte: Concello de Arzúa
A axencia de comunicación A Masa organiza unha campaña para reivindicar o bo uso do galego
Esta axencia puxo en marcha nas redes unha campaña para reivindicar con retranca e sentido crítico un uso correcto do galego na que recompilan mensaxes, correos electrónicos e todo tipo de comunicacións en galego mal escritas que traducen ao castelán.
Fonte: Código Cero
A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta

A Xunta centra os actos principais de celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade natal da homenaxeada Luísa Villalta, coa inauguración dunha exposición na Casa do Concello.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos anima a participar “na gran festa da palabra” na entrega dos premios Dígocho Eu 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu na Cidade da Cultura á gala dos III Premios escolares Dígocho Eu 2024 na que animou a todo o mundo a participar “na gran festa da palabra que son as Letras Galegas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na inauguración da mostra «Un canto na procura da luz» do IES Rosalía de Castro
“Levade a cultura e a lingua galega sempre con vós”, transmitiulles o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ás mozas e mozos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín