Galicia

Alumnado do CPI O Cruce de Cerceda crean un premio para recoñecer o uso do galego nas empresas

A empresa galardoada na primeira edición deste premio foi a asesoría IPR Xestión. Con este recoñecemento o alumnado do centro pretende visibilizar os establecementos do municipio que usan o galego nos carteis, na atención ao público, na publicidade ou nas redes sociais.

Fonte: La Voz de Galicia

Xunta e RAG incorporan 8000 topónimos de Dumbría á plataforma Galicia Nomeada

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, no acto celebrado no Centro Social de Dumbría para recoñecer o traballo do autor Modesto García Quintáns, tras realizar unha doazón de 8000 microtopónimos que se incorporan á plataforma Galicia Nomeada.

Fonte: Xunta de Galicia

Preséntase un informe que analiza a produción en galego das entidades culturais

O Observatorio da Cultura Galega publicou o informe A produción en lingua galega no ámbito cultural no que se detalla a porcentaxe de actividade e o volume de negocio xerado por producir bens ou servizos nesta lingua no sector da cultura, ao tempo que se ofrecen suxestións para aumentar a demanda de bens e servizos en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral da Lingua participa na presentación de Cruz de Poesía

O volume Cruz de Poesía, da autoría de Juan Liñares e publicado por Edicións Fervenza, foi presentado en Santiago de Compostela, nun evento no que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase o primeiro modelo de linguaxe de grande escala da historia para o galego

O Proxecto Nós anunciou a creación de Carballo, un modelo de linguaxe avanzado en galego creado pola Universidade de Santiago, co que se poderán desenvolver ferramentas de IA como chatbots e tradutores.

Fonte: USC

A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

A música galega e en galego é a protagonista do festival Acento, programado pola Fundación SGAE no adro da súa sede de Santiago de Compostela para o vindeiro 21 de xuño, cun cartel que conta coas actuacións de Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

López Campos agradece a “contribución” de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na presentación de Tres xograres da ría de Vigo traducida por Takekazu Asaka, recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra apoia o recoñecemento oficial da lingua de signos galega

O Concello de Pontevedra celebrou o Día Nacional das Linguas de Signos cun acto no que reivindicou a oficialidade da lingua de signos galega, xa que, segundo un estudo en Galicia hai 29 069 persoas xordas.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 645 estudantes de Bacharelato participarán este verán nas estadías lingüísticas no estranxeiro impulsadas pola Xunta

Un total de 645 estudantes de Bacharelato participarán este verán nas estadías lingüísticas no estranxeiro impulsadas pola Xunta de Galicia co fin de mellorar as súas competencias nos idiomas inglés, francés, portugués e alemán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder