Galicia
Valentín García participa na homenaxe ao doutor Agustín Sixto Seco
“Agustín Sixto Seco (1926-2004). Médico e valedor da cultura e lingua galegas”. Este é o texto da placa colocada á beira do busto en bronce coa efixie do médico e intelectual galeguista quen, entre outros, presidiu o Padroado Rosalía de Castro e a Fundación Otero Pedrayo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación

A Xunta vén de convocar por un importe total de 266 414 € un total de 10 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. As persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos poderán enviar a súa solicitude a través da sede electrónica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua asiste á sesión solemne da Academia Xacobea
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu en Santiago de Compostela á sesión solemne da Academia Xacobea que materializou o ingreso de catro novos membros académicos: Pilar Vázquez Janeiro, Piotr Roszak, Manuel Lázaro e John Rafferty.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Arranca en Carballo o curso de verán da Universidade da Coruña “Traballando en lingua nas redes sociais”

A Universidade da Coruña (UDC) inaugurou en Carballo o XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en linguas nas redes sociais que conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo.
Fonte: UDC
A Asociación de Historia da Lingua Española reelixe o profesor da USC Emilio Montero Cartelle como o seu presidente
O profesor emérito da USC Emilio Montero Cartelle será o novo presidente da Asociación de Historia da Lingua Española, logo de ser reelixido para outro mandato no XIII Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, que tivo lugar na cidade suíza de Zürich.
Fonte: USC
A revista "Olga" réndelle tributo a Fermín Bouza-Brey e Fermín Bouza Álvarez co apoio da Xunta
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Santiago de Compostela na presentación dunha nova edición de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid. Nesta ocasión, a revista rendeulles homenaxe a Fermín Bouza-Brey e ao seu fillo Fermín Bouza Álvarez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto institucional organizado polo 139 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Padrón no acto institucional organizado polo 139 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro, evento en que se homenaxeou tamén a británica Catherine Davis, grande estudosa da súa obra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Inaugúrase a Escola Internacional de Verán en lingua inglesa na Universidade da Coruña
A Facultade de Economía e Empresa da Universiade da Coruña acolleu o acto inaugural da Escola Internacional de Verán 2024, unha formación intensiva impartida en inglés para estudantado propio e internacional. Nesta edición están matriculados un total de 115 estudantes de 39 nacionalidades distintas.
Fonte: UDC
O alumnado dos cursos de "Galego sen Fronteiras" visita o Concello de Santiago

O alumnado dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” foi recibido pola alcaldesa de Santiago de Compostela na pazo de Raxoi. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, agradeceu en nome das institucións coorganizadoras o recibimento da rexedora, estudosa da lingua e da literatura galegas e membro correspondente da RAG.
Fonte: Real Academia Galega
Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao “para captar momentos da sociedade con humor”
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración da exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, unha mostra que recolle as pranchas de cinc utilizadas para plasmar no xornal vigués Galicia en 1925 as estampas satíricas creadas polo intelectual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín