Galicia

O Concello de Ames organiza a quinta edición da Festa do Apego

A V Festa do Apego inclúe maxia, contos con música, xogos, concertos, teatro de monicreques, obradoiros e moitas máis actividades. Esta celebración enmárcase no proxecto Apego que promove a transmisión do galego como lingua inicial nas familias.

Fonte: Concello de Ames

O Concello de Arzúa organiza unha campaña para impulsar o uso do galego

A campaña «En galego, sen límites!» é unha iniciativa que ten como obxectivo normalizar o uso desta lingua en amplos sectores sociais e supón a primeira de moitas accións previstas para fomentar o seu uso no día a día da poboación.  

Fonte: Concello de Arzúa

A axencia de comunicación A Masa organiza unha campaña para reivindicar o bo uso do galego

Esta axencia puxo en marcha nas redes unha campaña para reivindicar con retranca e sentido crítico un uso correcto do galego na que recompilan mensaxes, correos electrónicos e todo tipo de comunicacións en galego mal escritas que traducen ao castelán.

Fonte: Código Cero

A Xunta centra a celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade da homenaxeada Luísa Villalta

A Xunta centra os actos principais de celebración do Día das Letras Galegas na Coruña, cidade natal da homenaxeada Luísa Villalta, coa inauguración dunha exposición na Casa do Concello.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

López Campos anima a participar “na gran festa da palabra” na entrega dos premios Dígocho Eu 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu na Cidade da Cultura á gala dos III Premios escolares Dígocho Eu 2024 na que animou a todo o mundo a participar “na gran festa da palabra que son as Letras Galegas”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na inauguración da mostra «Un canto na procura da luz» do IES Rosalía de Castro

“Levade a cultura e a lingua galega sempre con vós”, transmitiulles o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ás mozas e mozos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e a Consellería de Cultura agasallan cun libro os doantes co gallo do Día das Letras Galegas

A Axencia de Doazón de Órganos e  Sangue (ADOS) e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude agasallarán a todas as persoas que acudan a doar o xoves 16 de maio cun libro como xeito de conmemorar o Día das Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O CSIC presenta un proxecto editorial con recursos científicos en galego para o alumnado

O Consello Superior de Investigacións Científicas presentou «Mentes curiosas, curiosas mentes»,  un proxecto editorial que inclúe recursos científicos nas diferentes linguas oficiais do Estado dirixidos ao alumnado de primaria e secundaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Apróbase o Plan de accións de normalización lingüística da Universidade de Santiago para o período 2024-2026

O Claustro Universitario aprobou este plan que desenvolverá entre 2024 e 2026 un total de 31 accións repartidas en catro eixes de intervención: xestión, docencia, investigación e proxección.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

López Campos fai un chamamento ao consenso para seguir impulsando e prestixiando o uso do galego

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo un chamamento para buscar os consensos necesarios que permitan seguir impulsando e prestixiando o uso do galego en todos os contextos da sociedade. Fíxoo no Parlamento de Galicia, onde o representante da Xunta de Galicia compareceu a petición propia no Pleno para avanzar a folla de ruta do seu departamento para os vindeiros anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder