Galicia

Valentín García participa en Cambados no acto de recepción de Takekazu Asaka como membro de honra da Real Academia Galega

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no municipio pontevedrés de Cambados no acto de recepción como membro de horna da Real Academia Galega de Takekazu Asaka.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

López Campos agradece a implicación do instituto Rafael Dieste para “comerciar co uso da lingua”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao Festival Aquí tamén se fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García convida o alumnado do Instituto Cañada Blanch de Londres a “coñecer, vivir e aprender da cultura galega”

O secretario xeral da lingua, Valentín García, acompañou na Cidade da Cultura o alumnado que estuda galego no Instituto Cañada Blanch de Londres e que está a visitar Galicia no marco do programa Viaxe da Lingua 2024.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral da Lingua participa na entrega de premios do VI certame escolar de Podcast “O Vello dos contos”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega dos VI Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos contos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Rinoceronte Editora lanza un dicionario complementario como guía do galego actual

Rinoceronte Editora lanzou un novo dicionario en liña, complementario aos existentes, para recoller termos recentes, localismos, castelanismos, estranxeirismos e vocabulario específico ou minoritario non incluído na RAG ou no Digalego. Con mil entradas iniciais, prevé actualizacións diarias para abranguer o léxico das súas publicacións.

Fonte: Praza.gal

Un traballo da Universidade de Santiago sobre técnicas estatísticas en xeolingüística consegue o premio á mellor tese en humanidades dixitais

María José Ginzo, profesora da USC, gañou o III Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas-Fundación BBVA pola súa tese 'Técnicas estatísticas en xeolingüística. Modelización onomástica', que explora novos métodos estatísticos para estudar a onomástica.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócanse prazas e bolsas de formación en centros de estudos galegos de universidades de fóra de Galicia

A Xunta de Galicia publica dúas convocatorias públicas para cubrir sete bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas e cinco prazas nos lectorados de universidades de fóra de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un proxecto da Universidade de Vigo estuda a aprendizaxe da lingua de signos española na infancia e a adolescencia

O grupo de investigación Estilos-Griles traballa na elaboración do primeiro corpus anotado da lingua de signos española, que se ampliará nos próximos anos con gravacións para coñecer como aprenden e usan esta lingua nenas, nenos e adolescentes xordos.

Fonte: Universidade de Vigo

Estudantes de galego en Londres participan en Galicia no programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta

Unha vintena de rapaces e rapazas, do case medio cento que estudan galego no Instituto Cañada Blanch de Londres, están a visitar Galicia a través do programa Viaxe da Lingua 2024, co que colabora a Xunta a través das secretarías xerais da Lingua e de Emigración.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua fai entrega dos V Premios Mil Primaveras

Os Premios Mil Primaveras teñen como finalidade difundir e poñer en valor proxectos de fomento da lingua galega que incrementen o seu uso e prestixio.

Fonte: Premios Mil Primaveras

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder