Galicia

Preséntase o primeiro modelo de linguaxe de grande escala da historia para o galego

O Proxecto Nós anunciou a creación de Carballo, un modelo de linguaxe avanzado en galego creado pola Universidade de Santiago, co que se poderán desenvolver ferramentas de IA como chatbots e tradutores.

Fonte: USC

A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

A música galega e en galego é a protagonista do festival Acento, programado pola Fundación SGAE no adro da súa sede de Santiago de Compostela para o vindeiro 21 de xuño, cun cartel que conta coas actuacións de Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

López Campos agradece a “contribución” de Takekazu Asaka coa proxección internacional de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na presentación de Tres xograres da ría de Vigo traducida por Takekazu Asaka, recentemente nomeado académico de honra da Real Academia Galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra apoia o recoñecemento oficial da lingua de signos galega

O Concello de Pontevedra celebrou o Día Nacional das Linguas de Signos cun acto no que reivindicou a oficialidade da lingua de signos galega, xa que, segundo un estudo en Galicia hai 29 069 persoas xordas.

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2024

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 645 estudantes de Bacharelato participarán este verán nas estadías lingüísticas no estranxeiro impulsadas pola Xunta

Un total de 645 estudantes de Bacharelato participarán este verán nas estadías lingüísticas no estranxeiro impulsadas pola Xunta de Galicia co fin de mellorar as súas competencias nos idiomas inglés, francés, portugués e alemán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abrirá o primeiro Centro de Estudos Galegos en Asia

Grazas a un acordo entre a Secretaría Xeral da Lingua e a Universidade Woxen da India vai ser posible a creación do primeiro Centro de Estudos Galegos en Asia, cuxo responsable será o profesor e sociolingüista Anik Nandi.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O IES N.º 1 da Estrada galardoa unha empresa polo seu apoio e promoción do galego

O IX Premio IES-G do IES N.º 1 da Estrada foi para Anacos Educativos pola súa promoción do galego como lingua habitual nos seus servizos socioeducativos e de dinamización cultural, así como pola súa creatividade en diversas campañas e soportes, que destacan polo seu compromiso coa inclusión, a igualdade e a realidade cultural galega.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Moaña organiza un festival infantil con música e xogos en galego

O Concello de Moaña organiza unha nova edición do Festichío, un festival de música e xogos dirixido a público infantil e familiar que se celebra o venres 14 de xuño.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García agradece o compromiso de Coca-Cola para promover o uso da lingua

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega de premios da 15ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto de Galicia onde destacou a importancia de impulsar iniciativas como esta que promoven o uso da lingua, nomeadamente entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder