Galicia
A Xunta aproveitará o potencial dos neofalantes para fomentar o uso do galego entre a mocidade

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou o reforzo das políticas lingüísticas da Xunta para tirar proveito das potencialidades que ten o neofalantismo e fomentar o uso da nosa lingua entre a mocidade. Fíxoo en resposta a unha pregunta no Parlamento de Galicia na que concretou que se fará a través dun convenio coa Universidade de Santiago dotado con 80 000 € que recolle unha serie de actuacións ao longo de tres anos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñecen os gañadores dos XXVIII Premios Lois Peña Novo
Estes galardóns, cuxo obxectivo é impulsar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas, nas institucións e na sociedade en xeral, teñen xa gañadores para a 28ª edición: o Concello de Carballo; a xefa de servizo de Traballo Social da EOXI de Vigo María Jesús Lago; e o catedrático da USC Carlos Pajares.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Fene organiza unha nova edición do campus lingüístico “Verán máis alá”

Este campus lingüístico está dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria nado entre os anos 2012 e 2020 e busca facilitar unha alternativa de lecer educativo en galego.
Fonte: Concello de Fene
Os membros da Corporación municipal do Concello de Ames comprométense coa lingua galega

As concelleiras e concelleiros de todas as agrupacións de Ames comprometéronse a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os ámbitos da vida, no marco do proxecto “Modo galego, actívao!”.
Fonte: Concello de Ames
A Xunta e a Real Academia Galega ofrecerán charlas didácticas para favorecer o uso de ‘Galicia Nomeada’

O secretario da Lingua, Valentín García, participou na presentación de «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra», a campaña da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para divulgar a importancia de salvagardar o patrimonio inmaterial que atesoura a toponimia galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral da Lingua presenta o ciclo "Un mes e pico. Xeoloxía e Astronomía no Pico Sacro”
Durante o mes de xuño o Concello de Boqueixón acollerá unha nova edición deste evento cultural, ‘Un mes e pico’, que combina conferencias, visitas teatralizadas, rutas arqueolóxicas e outras actividades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos garante no Parlamento o compromiso da Xunta co fortalecemento dos vínculos lusófonos
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, garantiu no Parlamento de Galicia que o Goberno galego continuará desenvolvendo e fortalecendo os vínculos coa lusofonía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña subvenciona os servizos municipais de normalización lingüística da provincia
Destinarase unha partida de 478 000 euros para o programa de axudas aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.
Fonte: Deputación da Coruña
O secretario xeral da Lingua asiste ao acto de nomeamento de "Fillos e fillas adoptivos de Teo"
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, estivo o sábado 25 de maio no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo, para participar no acto de entrega de distincións "Fillos e fillas adoptivos de Teo”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago publica novas convocatorias para fomentar a creación de materiais didácticos en galego
Trátase dunha convocatoria para a elaboración e edición dixital de quince títulos da colección Unidades didácticas USC e outra para doce títulos da colección Esenciais USC.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín