Galicia

A Universidade de Santiago convoca o III TriviGal, unha partida de Trivial en galego

O TriviGal é unha partida de Trivial en galego, que se desenvolverá o 17 de setembro na Facultade de Veterinaria. organizada no marco do programa #BenVida USC.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Xa se coñecen os vídeos gañadores da segunda edición do certame Vémolo Nós

Os vídeos premiados na segunda edición do certame Vémolo Nós, organizado pola USC, abordan con orixinalidade temas sobre o rural galego, a vida universitaria e a lingua galega. O concurso, que busca fomentar o uso do galego no audiovisual científico, repartiu premios entre pezas que exploran cuestións como a biotecnoloxía, a relación coas vacas, a presenza dunha gata emblemática na universidade e o proceso de aprendizaxe do galego por parte dun estadounidense. As producións vencedoras reciben 1500 euros, mentres que as finalistas obteñen 300 euros.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Festival Maré celebrará a súa quinta edición en Santiago como punto de encontro cultural e lingüístico

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da quinta edición do «Maré. Festival de Músicas e Artes Atlánticas» onde salientou o carácter multicultural que converterá a cidade de Santiago de Compostela nun punto de encontro cultural e lingüístico.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta segue a difundir o legado de Luísa Villalta cunha mostra itinerante que chega a Santiago

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inauguraron no Museo do Pobo Galego, en Santiago, a mostra «Luísa Villalta. A música das palabras», coa que a Xunta segue a contribuír na difusión do legado da autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A CTNL organiza un novo curso sobre o uso das redes sociais como ferramenta para a normalización lingüística

O curso «As redes sociais, unha ferramenta valiosa para a normalización lingüística» desenvolverase os días 17, 24 e 31 de outubro en Compostela cos obxectivos coñecer os principais recursos dixitais; entender as tendencias e aprender as súas dinámicas internas; descubrir como crear unha estratexia; ver casos prácticos de éxito; e coñecer a linguaxe dixital que conforma unha estratexia de márketing dixital.

Fonte: CTNL

Valentín García destaca o “valor filolóxico e didáctico” da obra ‘Contribución á nomenclatura galega das aves’ de Xosé Manuel Penas

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do libro Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves, un estudo do ornitólogo, investigador e mestre Xosé Manuel Penas Patiño que conta co apoio da Xunta para abordar en profundidade os nomes galegos das diferentes especies ornitolóxicas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Juan José Lamelas Caneiro faise co premio do IX Concurso Balbino de Relatos

Juan José Lamelas Caneiro faise co premio do IX Concurso Balbino de Relatos, promovido por Edicións Fervenza co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e da Fundación Xosé Neira Vilas, entroutras institucións.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García recibe a visita do alumnado de galego da universidade alemá de Kiel, de visita de estudos en Galicia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, recibiu a visita de Javier Gómez Montero, responsable do Centro de Estudos Galegos e do alumnado de galego da universidade alemá de Kiel, de visita de estudos nestes días en Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa se coñecen as empresas gañadoras da décimo sexta edición dos Premios Bacelos de Prata

As entidades galardoadas na edición deste ano dos Premios Bacelos de Prata forno a Adega Pazo Lalón, con sede en Leiro, e mais a empresa Kaleikoi, situada en Rodeiro, como recoñecemento á súa aposta polo uso do galego como marca de calidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral da Lingua asiste á semifinal do VI Premio Nacional de Poesía Viva

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á semifinal do VI Premio Nacional de Poesía Viva (Zona 0) que organiza a Sala de Ámbito Cultural de Santiago de Compostela de El Corte Inglés e na que resultou gañador @galegodecaracas (Simón Rodríguez).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder