Galicia

A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival ‘Revenidas Miúdo’

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentaron a segunda edición do Festival Revenidas Miúdo co fin de consolidar o emprego da lingua nas idades máis temperás.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase unha nova edición do premio de investigación ‘Condado de Pallares’, que conta co apoio da Xunta

A Delegación Territorial de Lugo da Xunta e Valentín García acolleron a presentación do XVIII Certame de Investigación Condado de Pallares, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. O obxectivo deste certame é promover a investigación nas áreas de lingüística, historia, arte,  arqueoloxía, antropoloxía, etnografía e folclore no territorio que conformaba o antigo condado de Pallares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García celebra o primeiro volume dun estudo que recolle material lingüístico prelatino en Galicia

O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro inaugural da colección Tesouro paleogalaico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.

Fonte: Observatorio da Lingua Galega

A Casa de Rosalía acolle a asemblea fundacional da Asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia

A Casa-Museo Rosalía acolleu a asemblea fundacional da Asociación de Casas, Museos e Espazos Literarios de Galicia. O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou tamén nesta xuntanza, que reuniu as fundacións Rosalía de Castro, Castelao, Uxío Novoneyra, Eduardo Pondal, Otero Pedrayo, Manuel María, Casa da Troya, Vicente Risco, Plácido Castro e Neira Vilas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago presenta un logo conmemorativo para celebrar o seu 50 aniversario

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela conmemorará no ano 2025 os seus 50 anos. No acto de partida desta conmemoración presentouse a imaxe que acompañará a programación do aniversario durante todo o curso 2024-2025.

Fonte: USC

Valentín García destaca a oportunidade que supón para o galego ter presenza no fenómeno Xacobeo

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na entrega do Premio de Ensaio Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea en colaboración coa Xunta de Galicia, e que vai pola súa segunda edición.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na homenaxe ao doutor Agustín Sixto Seco

“Agustín Sixto Seco (1926-2004). Médico e valedor da cultura e lingua galegas”. Este é o texto da placa colocada á beira do busto en bronce coa efixie do médico e intelectual galeguista quen, entre outros, presidiu o Padroado Rosalía de Castro e a Fundación Otero Pedrayo. 

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación

A Xunta vén de convocar por un importe total de 266 414 € un total de 10 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. As persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos poderán enviar a súa solicitude a través da sede electrónica.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral da Lingua asiste á sesión solemne da Academia Xacobea

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu en Santiago de Compostela á sesión solemne da Academia Xacobea que materializou o ingreso de catro novos membros académicos: Pilar Vázquez Janeiro, Piotr Roszak, Manuel Lázaro e John Rafferty.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Arranca en Carballo o curso de verán da Universidade da Coruña “Traballando en lingua nas redes sociais”

A Universidade da Coruña (UDC) inaugurou en Carballo o XVII Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en linguas nas redes sociais que conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo.

Fonte: UDC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder