Galicia

Porto do Son acolle o inicio do novo espectáculo dos Bolechas que ten a lingua galega e o deporte como protagonistas

O mércores 14 de agosto, Porto do Son acolle o espectáculo «Radiolímpica 88 FM» da familia de Os Bolechas, dirixido a nenos e nenas de 4 a 9 anos e ás súas familias. O evento mestura teatro de monicreques coas Olimpíadas de París, e ten como obxectivo promover o uso do galego no deporte.

Fonte: O Barbanza

Santiago de Compostela traslada no mes de agosto as actividades do programa Apego ao parque de Bonaval

As actividades do proxecto Apego, dirixido á cativada entre 1 e 4 anos para escoitar, participar e socializar en galego, trasládanse os martes de agosto ao parque de Bonaval, onde o acceso é aberto e de balde.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Xunta colabora con 46 proxectos na edición de materiais didácticos en galego

A Xunta de Galicia destina 200 000 € a colaborar con 46 proxectos na edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios este 2024. Así se recolle na resolución da convocatoria na que se inclúen catro empresas editoras con sede en Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A IX Xornada de Onomástica centrarase na ciencia, a intelixencia artificial, a música tradicional, os fanzines e os nomes de animais

A Real Academia Galega organiza esta xornada que, baixo o título Os outros nomes, terá lugar o 19 de outubro no Museo de Pontevedra. Nesta edición estará na ciencia e a intelixencia artificial, a música tradicional e os fanzines, así como nos nomes actuais dos animais de compaña.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta salienta o traballo dos centros galegos a prol da promoción da lingua e da cultura na entrega dos premios Alecrín 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou no acto de entrega dos premios Alecrín de Ouro, uns galardóns que organiza a Federación de entidades culturais galegas de Cataluña (Fegalcat) co obxectivo de recoñecer o traballo a prol da cultura galega por parte de persoas, empresas e entidades de diferentes ámbitos.

Fonte: Xunta de Galicia

O concurso escolar de Primavera das Letras xa ten gañadores

Os centros educativos gañadores do concurso escolar «Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta», convocado pola Real Academia Galega, foron o CEIP Sada y sus Contornos (Sada), o Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña) e o CEIP da Espiñeira-Aldán (Cangas).

Fonte: RAG

Convócase o Premio de Investigación Concello de Pontedeume para traballos en galego sobre aspectos do municipio

Poderán presentarse a este certame traballos escritos en galego dedicados a algún aspecto de Pontedeume e a súa comarca ata o 13 de setembro.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Asociación Pro-Fundación Manoel Vello celebra unha xornada obre o uso do galego na rede e na radio

Esta xornada, que se celebrou o 2 de agosto en Santiago, ten como obxectivo abordar a situación do galego nos contornos dixital, laboral e radiofónico, así como fomentar o seu uso nestes sectores.   

Fonte: Galicia Confidencial

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega organiza tres actividades de normalización do galego no ensino

A AS-PG publicou na súa web as bases destas tres actividades: Tíralle da Lingua. XXIII Certame de Lingua Oral; IV Certame Coreografíate; e XIV Certame Curtas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do concurso literario Mazarelos que promove a creación en galego

Este certame literario ten como obxectivo fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en galego. A el poden presentarse obras de calquera xénero literario (narrativa, poesía, teatro, ensaio...) e de calquera tema (incluída a temática científica).

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder