Galicia

A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua lanza un ano máis o cancelo #veránlingua

Con este cancelo pódense coñecer as propostas da CTNL nas redes X e Instagram sobre actualidade, iniciativas, lecturas, campañas, documentos ou recursos de interese.

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

López Campos pon en valor o papel dos neofalantes para fomentar o uso do galego entre a mocidade

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou o papel do neofalantismo dentro da estratexia  lingüística da Xunta para fomentar o uso da nosa lingua entre a xente máis nova. Por este motivo, puxo en valor a sinatura da renovación do convenio do departamento que dirixe coa Universidade de Santiago de Compostela, dotado con 80 000 euros, e que ten como obxecto tirar o máximo proveito destas potencialidades non só en materia de lingua, senón tamén en emprego xuvenil.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A campaña de doazón de voz posta en marcha no marco do Proxecto Nós chega a Xinzo de Limia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude animou a cidadanía desde Xinzo de Limia a participar na campaña «Agasállanos coa túa voz» para impulsar a incorporación do galego no ámbito dixital.

Fonte: Galicia Confidencial

Valentín García presenta os carteis oficiais dos concertos de verán en Mos

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á presentación dos carteis oficiais dos concertos de verán en Mos. O ciclo de tres concertos, que veñen da man da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, comezará o vindeiro sábado 3 de agosto con A Roda para celebrar o Patrón local, San Mamede.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello do Porriño pon a disposición do seu persoal unha guía de linguaxe administrativa

A Guía de linguaxe administrativa ten como obxectivo proporcionarlle ao persoal do concello unha ferramenta que resolva as súas dúbidas máis recorrentes e mellore a calidade lingüística do seu traballo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Deputación de Pontevedra aproba axudas a concellos para a dinamización da lingua galega

A Deputación repartirá 150 000 euros entre 35 concellos de menos de 50 000 habitantes da provincia de Pontevedra para a realización de actividades de dinamización da lingua galega.

Fonte: Deputación de Pontevedra

O secretario xeral da Lingua asiste á presentación do libro “Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?”

Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?, de Severino Fernández Abel e publicado pola editorial Medulia, foi presentado o venres 26 de xullo en Boqueixón.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícanse os glosarios en galego de catro deportes olímpicos

O galego é unha das linguas presentes en catro novos glosarios multilingües co léxico básico de deportes como o voleibol de praia, o trampolín, a escalada e o surf.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Un certame da Universidade de Santiago premia os subtítulos en galego de charlas e vídeos TED de divulgación científica

A Universidade de Santiago amplía o foco do concurso #TEDSaúde e ábreo á subtitulación de vídeos TED de divulgación científica en calquera ámbito, baixo o novo título de #traduceTED.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Valentín García asiste á clausura da XXXIV edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o peche dos Cursos Galego sen fronteiras. Neste acto de clausura realizouse a entrega dos diplomas ao máis de medio cento de estudantes que participaron nesta XXXIV edición, chegados desde diversos países de Europa, Asia e América.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder