Galicia

A Xunta conmemora en Caldas de Reis o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, representada no seu secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no cemiterio caldense de Eirín no  acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia "En galego, agora e sempre".

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abre o prazo para que os centros educativos participen no concurso sobre as Letras Galegas 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, colaboran unha edición máis no concurso sobre o Día das Letras Galegas dirixido aos centros de ensino público non universitario e que de cara ao ano que vén versará sobre as cantareiras e a poesía popular.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta establece as datas das probas para obter os certificados Celga entre o 16 e o 24 de novembro

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 16 e o 24 de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha campaña en favor dos dereitos lingüísticos

A campaña “Polos teus dereitos lingüísticos” busca darlle visibilidade ao traballo que realiza esta organización en defensa dos dereitos lingüísticos da cidadanía.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Redondela publica tres volumes de microtoponimia

O Servizo de Normalización Lingüística publicou tres estudos coa microtoponimia das parroquias de Cesantes, Chapela e Ventosela, elaborados no marco do proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial que veñen desenvolvendo desde hai tres anos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta proponlle á oposición pactar os especialistas que conformarán os grupos de traballo para iniciar a renovación do Plan de normalización

A Xunta propúxolles aos grupos parlamentarios actualizar o Plan de Normalización da Lingua Galega, vixente desde 2004, mediante sete grupos de traballo de especialistas que deseñen políticas lingüísticas a longo prazo. O conselleiro José López Campos subliñou a importancia dun pacto social para reforzar o uso do galego, especialmente entre a mocidade, persoas recentemente chegadas a Galicia e no ámbito tecnolóxico.

Fonte: Galicia Confidencial

Santiago de Compostela acollerá unha manifestación polo futuro do galego

A plataforma Queremos Galego organiza un acto o vindeiro 17 de novembro baixo o lema «Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego» en resposta aos datos sobre o uso e o coñecemento da lingua galega publicados polo IGE.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A CRTVG producirá doce novos proxectos no marco da súa convocatoria de selección de produtos dixitais en lingua galega

A CRTVG producirá 12 novos proxectos en galego, cunha achega de 300 000 euros. Estes contidos abranguen áreas diversas como divulgación, entretemento e cultura, e están deseñados para o ámbito dixital. Serán emitidos a través de plataformas como AGalega.gal e Xabarin.gal, dirixidos tanto ao público infantil como a audiencias máis específicas.

Fonte: CRTVG

Valentín García acompaña a cativada de Chantada na primeira doazón de voz infantil do Proxecto Nós

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, achegouse a Chantada para acompañar a veciñanza na xornada de captación de voces galegas no marco do Proxecto Nós impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que neste caso contou coa colaboración do concello lucense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta recibe solicitudes de máis de 600 persoas no ‘Xuventude Crea’, a maior participación en 15 anos

O Xuventude Crea acada este ano a maior cifra de participación das súas 15 edicións, con 627 persoas inscritas. O certame, organizado pola Xunta de Galicia para impulsar o talento creativo da mocidade en moi diversas disciplinas, dobra así o número de mozos e mozas que tomaron parte na convocatoria do ano pasado, un total de 337.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder