Galicia
A Asociación de Historia da Lingua Española reelixe o profesor da USC Emilio Montero Cartelle como o seu presidente
O profesor emérito da USC Emilio Montero Cartelle será o novo presidente da Asociación de Historia da Lingua Española, logo de ser reelixido para outro mandato no XIII Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, que tivo lugar na cidade suíza de Zürich.
Fonte: USC
A revista "Olga" réndelle tributo a Fermín Bouza-Brey e Fermín Bouza Álvarez co apoio da Xunta
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Santiago de Compostela na presentación dunha nova edición de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid. Nesta ocasión, a revista rendeulles homenaxe a Fermín Bouza-Brey e ao seu fillo Fermín Bouza Álvarez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto institucional organizado polo 139 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Padrón no acto institucional organizado polo 139 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro, evento en que se homenaxeou tamén a británica Catherine Davis, grande estudosa da súa obra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Inaugúrase a Escola Internacional de Verán en lingua inglesa na Universidade da Coruña
A Facultade de Economía e Empresa da Universiade da Coruña acolleu o acto inaugural da Escola Internacional de Verán 2024, unha formación intensiva impartida en inglés para estudantado propio e internacional. Nesta edición están matriculados un total de 115 estudantes de 39 nacionalidades distintas.
Fonte: UDC
O alumnado dos cursos de "Galego sen Fronteiras" visita o Concello de Santiago

O alumnado dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” foi recibido pola alcaldesa de Santiago de Compostela na pazo de Raxoi. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, agradeceu en nome das institucións coorganizadoras o recibimento da rexedora, estudosa da lingua e da literatura galegas e membro correspondente da RAG.
Fonte: Real Academia Galega
Anxo M. Lorenzo destaca o talento de Castelao “para captar momentos da sociedade con humor”
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na inauguración da exposición Os homes, por Castelao na Colección de Roberto Taboada no Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, unha mostra que recolle as pranchas de cinc utilizadas para plasmar no xornal vigués Galicia en 1925 as estampas satíricas creadas polo intelectual.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As universidades galegas contarán cunha aplicación en liña para aprender galego
O proxecto xOC, que conta co apoio de fondos europeos, permitirá que as tres universidades galegas conten cunha aplicación en liña para aprender galego. A Universidade de Santiago de Compostela xa recolleu a licitación do contrato para tal fin na plataforma Contratos de Galicia.
Fonte: Culruragalega
O secretario xeral da Lingua asiste á presentación do libro "Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey"
Os segredos do bosque de Ben-cho-Shey, da autoría de Paco López-Barxas e ilustrado por Acisclo Manzano, presentouse no Liceo de Ourense. Acompañando o autor e o ilustrador estiveron o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e Xosé M. Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A xustiza anula a multa de 600 euros imposta a un veciño de Rianxo por esixir ser atendido en galego nun centro de saúde
O xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela dá a razón á Mesa pola Normalización Lingüística e anula a sanción de 600 euros que lle fora imposta a un veciño de Rianxo por esixir ser atendido en galego nun centro de saúde.
Fonte: Galicia Confidencial
O escritor Adrián Pérez Bote gaña o Illa Nova de Narrativa
O escritor Adrián Pérez Bote gañou, co apoio unánime do xurado, a oitava edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa súa novela Baixo o ceo de xeo.
Fonte: Culturagalega.gal
Boletín
Subscríbase ao boletín