Galicia

A Universidade de Vigo creará un Instituto de Investigación da Lingua

A Universidade de Vigo deu luz verde á creación do Instituto de Investigación da Lingua, o primeiro no ámbito das humanidades e integrado por un total de 40 investigadores e investigadoras.

Fonte: Atlántico

Valentín García chama a “analizar a situación das linguas nos novos contextos comunicativos”

O secretario xeral da Lingua Galega, Valentín García, participou en Ribeira na inauguración do curso A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras organizado pola Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a necesidade de “analizar a situación dos idiomas e da lingua galega nos novos contextos comunicativos nos que nos atopamos hoxe en día”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na presentación do Festival Castro Galaico de Nogueiró

O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da XIV edición do Castro Galaico-Festival de Nogueiró, organizado polo Grupo Canto D’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O investigador Carlos Pajares recibe o premio Lois Peña Novo

O investigador e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1984 e 1990, Carlos Pajares Vales, recibiu o premio Lois Peña Novo que recoñece o compromiso de persoas e institucións coa promoción da lingua galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral e, sobre todo, ás cantareiras que a conservaron e transmitiron ás novas xeracións. A candidatura estará personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).

Fonte: Real Academia Galega 

A Universidade de Santiago de Compostela inaugura a Cátedra Rosalía de Castro

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou a Cátedra Institucional Rosalía de Castro cun acto no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidido polo reitor Antonio López. Durante o evento, concedeuse a Insignia de Ouro da USC á profesora emérita da Universidade de Londres, Catherine Davies.

Fonte: USC

Valentín García destaca a Rosalía de Castro como “muller referente para a lingua galega”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na inauguración da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da Universidade de Santiago, que se dedicará ao estudo académico e crítico da obra e da figura da escritora nas súas múltiples dimensións, “permitíndonos seguir aprendendo dela”, apuntou.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un certame premiará a música xuvenil en galego

A Asociación Cultural Gazafellos do Val organiza o certame de música xuvenil en galego “Nova Nicra”, dirixido a bandas ou solistas de entre 12 e 18 anos que deben presentar unha canción inédita nesta lingua.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo publica unha banda deseñada sobre a historia da lingua galega

Un libro de banda deseñada, publicado pola Universidade de Vigo, relata a historia da lingua galega a través de fitos importantes, usando imaxes de Idoia de Luxán. A obra destaca a evolución do galego desde o seu nacemento ata a actualidade, subliñando períodos de esplendor e crise.

Fonte: Universidade de Vigo

O secretario xeral da Lingua participa na homenaxe a Francisco Asorey

O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, nunha homenaxe a Francisco Asorey no 63 aniversario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder