Galicia
Valentín García destaca a Rosalía de Castro como “muller referente para a lingua galega”
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na inauguración da Cátedra Institucional Rosalía de Castro da Universidade de Santiago, que se dedicará ao estudo académico e crítico da obra e da figura da escritora nas súas múltiples dimensións, “permitíndonos seguir aprendendo dela”, apuntou.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un certame premiará a música xuvenil en galego
A Asociación Cultural Gazafellos do Val organiza o certame de música xuvenil en galego “Nova Nicra”, dirixido a bandas ou solistas de entre 12 e 18 anos que deben presentar unha canción inédita nesta lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo publica unha banda deseñada sobre a historia da lingua galega

Un libro de banda deseñada, publicado pola Universidade de Vigo, relata a historia da lingua galega a través de fitos importantes, usando imaxes de Idoia de Luxán. A obra destaca a evolución do galego desde o seu nacemento ata a actualidade, subliñando períodos de esplendor e crise.
Fonte: Universidade de Vigo
O secretario xeral da Lingua participa na homenaxe a Francisco Asorey
O secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, participou no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, nunha homenaxe a Francisco Asorey no 63 aniversario do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comezan en Santiago os Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’

Estes cursos celebran a súa trixésimo cuarta edición, que conta coa participación de máis de cincuenta estudantes de Europa, América e Asia. O programa inclúe clases de lingua e literatura galegas, excursións, visitas culturais e obradoiros.
O secretario xeral da Lingua asiste á presentación da primeira coroación canónica en galego na diocese de Lugo
O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da primeira coroación canónica en galego na diocese de Lugo. O evento terá lugar o próximo 9 de setembro, en Quiroga, cando está prevista a presentación dos deseños que engalanarán a Virxe dos Remedios da Ermida.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta amplía e diversifica os catálogos de lectura fácil promovendo a produción de 20 obras en galego

A Xunta de Galicia colabora con 20 proxectos editoriais para ampliar e diversificar os catálogos de obras de lectura fácil en galego. A través desta liña de axudas para libros en formato físico ou dixital, que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia, adxudicouse o financiamento para colaborar con 10 empresas editoriais diferentes.
Fonte: Xunta de Galicia
Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para a obtención dos Celga

Estes cursos de linguaxe administrativa galega en liña (niveis medio e superior) e mais os cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 2, 3 e 4) impartiranse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral da Lingua participa na presentación do facsímile conmemorativo dos 40 anos do traslado dos restos de Castelao
A Fundación Castelao, en colaboración coa Fundación Uxío Novoneyra e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, presentou unha edición conmemorativa dos 40 anos do retorno de Castelao a Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Xacobeo Pádel Tour promoverá a lectura en galego
O III Xacobeo Pádel Tour, circuíto deportivo que se desenvolve nas provincias da Coruña e Pontevedra, presentouse o 27 de xuño en Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín