Galicia
A XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premiará a investigación escolar arredor do patrimonio lingüístico e cultural galego

A Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo organiza un ciclo de proxeccións para poñer en valor a presenza do galego no sector audiovisual

O ciclo «A lingua galega no cinema», que se desenvolverá nos meses de abril e maio en seis sesións, ten como obxectivo poñer en valor a presenza do galego no sector audiovisual.
Fonte: Universidade de Vigo
A Real Academia Galega actualiza a definición de «autismo» no seu dicionario

Co gallo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, a versión en liña do Dicionario da Real Academia Galega incorpora unha modificación na definición deste trastorno do desenvolvemento neurolóxico.
Fonte: Real Academia Galega
A Deputación de Pontevedra convoca o Concurso Micromuseo ao que se poderán presentar microrrelatos en galego en formato audiovisual
Este certame, que nace para conmemorar o Día Internacional dos Museos, está dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional que poderán presentar un microrrelato en lingua galega en formato audiovisual de non máis de 60 segundos.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Instan o Goberno español a garantir o uso do galego na UNED
O BNG rexistrou varias iniciativas no Congreso para instar o Goberno central a que impulse medidas para garantir que o alumnado da UNED poida realizar os exames en galego e evitar así que se repitan os suspensos por usar esta lingua.
Fonte: Infobae
A Universidade de Vigo organiza unha exposición sobre literaturas francófonas
A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle ata o 12 de abril a mostra «Voyage à Travers les livres», unha exposición de libros francófonos que permitirá explorar a riqueza literaria da lingua francesa.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta destina 350 000 euros á promoción da lingua galega nas entidades locais

A Xunta de Galicia destinará este ano 350 000 euros á promoción da lingua galega no eido local. Así o recolle a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Trinta estudantes de Filoloxía participaron no Validatón organizado polo Instituto da Lingua Galega
Grazas ao Validatón (maratón de validación de fragmentos de voz) revisouse un total de 23 314 fragmentos de voz en galego na plataforma Common Voice, o que permitirá que distintas aplicacións informáticas poidan comprender as persoas que falen esta lingua.
A Universidade de Santiago traballa na tradución ao galego de varias normas UNE

Dende hai uns meses o Servizo de Normalización Lingüística está a traballar na versión en galego dalgunhas normas UNE do ámbito da óptica oftálmica nas que ten máis presenza a terminoloxía técnica.
A Fundación Venancio Salcines e a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello colaborarán para o fomento da lingua e a cultura galegas
Ambas as entidades subscribiron un convenio para o fomento da lingua e a cultura galegas que permitirá avanzar no desenvolvemento do idioma e impulsar accións comúns para poder exercer o dereito de vivir en galego.
Boletín
Subscríbase ao boletín