Galicia

López Campos garante no Parlamento o compromiso da Xunta co fortalecemento dos vínculos lusófonos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, garantiu no Parlamento de Galicia que o Goberno galego continuará desenvolvendo e fortalecendo os vínculos coa lusofonía.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña subvenciona os servizos municipais de normalización lingüística da provincia

Destinarase unha partida de 478 000 euros para o programa de axudas aos concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística.

Fonte: Deputación da Coruña

O secretario xeral da Lingua asiste ao acto de nomeamento de "Fillos e fillas adoptivos de Teo"

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, estivo o sábado 25 de maio no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo, para participar no acto de entrega de distincións "Fillos e fillas adoptivos de Teo”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago publica novas convocatorias para fomentar a creación de materiais didácticos en galego

Trátase dunha convocatoria para a elaboración e edición dixital de quince títulos da colección Unidades didácticas USC e outra para doce títulos da colección Esenciais USC.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral da Lingua asiste á XXI edición do Festival de Cans

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu á xornada do XXI Festival de Cine de Cans, no Porriño, que se desenvolve nesta edición do 21 ao 25 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta colabora co regreso da Selección Galega de Fútbol en Balaídos fronte a Panamá

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación do partido de fútbol que disputará a Selección Galega fronte a Panamá o venres, 31 de maio, ás 20,00 horas en Balaídos. Durante o acto deuse a coñecer a colaboración da Xunta coa cita deportiva que abrangue, entre outras accións, actividades complementarias relacionadas coa promoción do uso do galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Danse a coñecer as tres propostas gañadoras do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua

O xurado do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua, que convoca a Deputación da Coruña, recoñeceu na edición deste ano o labor da escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro; o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega; e o proxecto «Aquí tamén se fala», promovido polo IES Rafael Dieste.

Fonte: Deputación da Coruña

Valentín García participa na entrega do Premio á Galeguidade Empresarial 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio a Galeguidade Empresarial, organizado polo Foro Enrique Peinador, á empresa Embutidos Lalinenses nas súas instalacións en Lalín.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O sistema de acreditación de lingua galega (Celga) colabora co Proxecto Nós para a recollida de voces en galego

Como cada ano, a Xunta de Galicia está a realizar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga) dos niveis 1, 2, 3 e 4, correspondentes á primeira convocatoria anual, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada. Ademais, dado que estas probas inclúen un exame oral e que reúnen un número relevante de persoas interesadas, constitúen un marco ideal para a recollida e cesión voluntaria de voces en galego coas que poder colaborar co Proxecto Nós.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña organiza un ciclo de música para visibilizar a canción de autora en galego

O ciclo Coa Nosa Voz, que se celebrará na Coruña os días 2, 9, 23 e 30 de xuño, inclúe as actuacións de Guadi Galego, Antía Muiño, Uxía e Ugía Pedreira, todas elas mulleres de referencia no panorama da música en galego.

Fonte: Deputación da Coruña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder