Galicia
A Xunta convoca as probas para avaliar competencias clave en matemáticas e linguas dunhas 4000 persoas
A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia (DOG) as probas de avaliación en competencias clave para que as persoas que non posúen a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou o Bacharelato poidan acreditar os seus coñecementos, acceder á formación para o emprego e cursar os certificados profesionais que requiren deses requisitos académicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Secretaría Xeral de Emigración promove o uso da lingua galega no mundo cun novo curso en liña

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia promociona un ano máis o uso do galego cun novo curso en liña destinado aos preto de 150 países do mundo onde hai galegas e galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Oleiros convoca a décima edición do seu premio literario co que busca contribuír á normalización do galego
O Premio Literario Descubrindo Oleiros ten como obxectivos dar a coñecer espazos do municipio e contribuír á normalización do uso oral e escrito do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O novo especial da iniciativa Proxector recompila audiovisuais en galego sobre a influencia dos hábitos alimentarios na saúde
«Dieta e saúde alimentaria» é o título da nova entrega de Proxector, que ofrece unha ducia de vídeos nos que se explica que produtos son beneficiosos para o ser humano, así como as consecuencias do abuso de certos alimentos para a saúde.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Carballo acollerá os III Premios Galegos da Regueifa
Os Premios Galegos da Regueifa Espalla Rimas 2024 celébranse o 13 de xaneiro, convocados polo grupo La Voz de Galicia en colaboración con varias entidades, nun acto no que se xuntarán mestres e mestras da improvisación oral en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta convoca os seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26 000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica as bases das novas edicións dos tres premios de literatura dramática que a Xunta de Galicia convoca con periodicidade bienal: XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa Apego ofrecerá ata marzo en Narón espectáculos de fomento do galego para público familiar e infantil
Entre xaneiro e marzo Narón acollerá seis espectáculos dirixidos a público familiar e infantil ao abeiro do programa Apego, unha iniciativa que ten entre os seus obxectivos apoiar a crianza en galego ou mellorar a socialización nesta lingua.
Fonte: Enfoques
O CSIC publica o Calendario científico escolar 2024 en galego

O Calendario científico escolar 2024 é unha ferramenta destinada a achegar a cultura científica á xente nova e crear referentes inspiradores. Está dispoñible en liña en once linguas, xunto con recursos didácticos que o completan.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Real Academia Galega inicia as actividades do Ano Luísa Villalta cunha web dedicada á autora

Esta web está destinada á difusión da vida e da obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada en 2024 co Día das Letras Galegas.
Fonte: Real Academia Galega
O Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago traduce ao galego actual as «Cantigas de Santa María»

Este grupo de investigación está a traballar nunha nova edición crítica das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, que estará acompañada dunha tradución ao galego actual. Así mesmo, realizou a primeira tradución completa ao castelán destas composicións, dispoñible en formato dixital.
Boletín
Subscríbase ao boletín