Galicia
As universidades galegas contarán cunha aplicación en liña para aprender galego
O proxecto xOC, que conta co apoio de fondos europeos, permitirá que as tres universidades galegas conten cunha aplicación en liña para aprender galego. A Universidade de Santiago de Compostela xa recolleu a licitación do contrato para tal fin na plataforma Contratos de Galicia.
Fonte: Culruragalega
O secretario xeral da Lingua asiste á presentación do libro "Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey"
Os segredos do bosque de Ben-cho-Shey, da autoría de Paco López-Barxas e ilustrado por Acisclo Manzano, presentouse no Liceo de Ourense. Acompañando o autor e o ilustrador estiveron o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez, e Xosé M. Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A xustiza anula a multa de 600 euros imposta a un veciño de Rianxo por esixir ser atendido en galego nun centro de saúde
O xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela dá a razón á Mesa pola Normalización Lingüística e anula a sanción de 600 euros que lle fora imposta a un veciño de Rianxo por esixir ser atendido en galego nun centro de saúde.
Fonte: Galicia Confidencial
O escritor Adrián Pérez Bote gaña o Illa Nova de Narrativa
O escritor Adrián Pérez Bote gañou, co apoio unánime do xurado, a oitava edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos coa súa novela Baixo o ceo de xeo.
Fonte: Culturagalega.gal
A Universidade de Vigo creará un Instituto de Investigación da Lingua

A Universidade de Vigo deu luz verde á creación do Instituto de Investigación da Lingua, o primeiro no ámbito das humanidades e integrado por un total de 40 investigadores e investigadoras.
Fonte: Atlántico
Valentín García chama a “analizar a situación das linguas nos novos contextos comunicativos”
O secretario xeral da Lingua Galega, Valentín García, participou en Ribeira na inauguración do curso A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras organizado pola Universidade de Verán da Universidade de Santiago de Compostela, onde destacou a necesidade de “analizar a situación dos idiomas e da lingua galega nos novos contextos comunicativos nos que nos atopamos hoxe en día”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación do Festival Castro Galaico de Nogueiró
O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da XIV edición do Castro Galaico-Festival de Nogueiró, organizado polo Grupo Canto D’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O investigador Carlos Pajares recibe o premio Lois Peña Novo
O investigador e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1984 e 1990, Carlos Pajares Vales, recibiu o premio Lois Peña Novo que recoñece o compromiso de persoas e institucións coa promoción da lingua galega.
As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral e, sobre todo, ás cantareiras que a conservaron e transmitiron ás novas xeracións. A candidatura estará personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, as tres Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).
Fonte: Real Academia Galega
A Universidade de Santiago de Compostela inaugura a Cátedra Rosalía de Castro
A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou a Cátedra Institucional Rosalía de Castro cun acto no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidido polo reitor Antonio López. Durante o evento, concedeuse a Insignia de Ouro da USC á profesora emérita da Universidade de Londres, Catherine Davies.
Fonte: USC
Boletín
Subscríbase ao boletín