Galicia

A Xunta loa o traballo da rapazada na entrega de galardóns da III edición do Premio Otero Pedrayo para estudantes

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega dos galardóns do III Premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, impulsados desde a fundación homónima co apoio da Xunta de Galicia co fin de fomentar entre a mocidade o coñecemento e o recoñecemento do autor ourensán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Pontevedra presenta o programa da nova edición do Galegote Rock para gozar da mellor música en galego

A nova edición do Galegote celébrase o 27 de abril, unha xornada para gozar da música en galego en directo e que ofrecerá 14 actuacións repartidas durante o día en varios establecementos.

Fonte: Concello de Pontevedra

A Xunta e o Instituto da Lingua Galega presentan Fontegam, un novo recurso en liña para coñecer as linguas usadas na escrita da Galicia medieval

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da nova base de datos Fontes Textuais da Galicia Medieval (FONTEGAM), unha nova ferramenta en liña impulsada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración co Instituto da Lingua Galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa se coñecen os proxectos gañadores dos V Premios Mil Primaveras

O xurado dos V Premios Mil Primaveras fixo públicos os catro proxectos gañadores desta edición pola súa promoción do galego: Aquí tamén se fala, CeibaRimas, Elos. Engánchate ao galego! e Recuncho Gamer.

Fonte: Premios Mil Primaveras

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta o informe do ano 2023 da Liña do Galego

O Informe anual da Liña do Galego mostra que ao longo de 2023 se atenderon 650 consultas e se recibiron 450 queixas e 29 parabéns. As denuncias máis frecuentes están relacionadas con discriminacións lingüísticas e toponimia deturpada.

Fonte: Galicia Confidencial

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para os servizos de normalización lingüística municipais

Esta liña de axudas está dirixida a concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para a creación, mantemento ou reforzo dos servizos de normalización lingüística municipais durante o ano 2024.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta busca internacionalizar as letras galegas con axudas a escritores para residencias literarias no exterior

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de axudas para estadías en residencias literarias, que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a escritores co obxectivo de fomentar a difusión das letras galegas e impulsar relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O novo volume do Centro de Estudos Galegos do Algarve analiza as consecuencias da teoría das orixes celtas de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro Apropiación cultural e contradiscurso histórico. A materia artúrica na literatura galega, da filóloga e profesora María Xesús Lama López.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Comeza na Universidade de Vigo a segunda fase da campaña de dinamización lingüística «Galego de tranquis»

Nesta segunda fase, búscanse alumnas e alumnos galegofalantes que queiran converterse en madriñas e padriños de estudantes que non utilizan o galego pero que queren comezar a facelo.

Fonte: Universidade de Vigo

Comeza o Carballo Interplay con 20 webseries de 11 países a concurso e máis apoio aos contidos dixitais en galego

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay abriu a súa undécima edición, que se desenvolverá ata o vindeiro día 7 convertendo a localidade coruñesa en centro de difusión da creación dixital, con 20 webseries procedentes de 11 países na sección oficial a concurso e o Premio ao Mellor Contido Dixital en Galego como principal novidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder