Galicia
A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do Concurso literario Mazarelos
Este certame ten como obxectivo fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como descubrir potenciais figuras no ámbito literario. Poden presentarse obras de calquera xénero cunha extensión máxima de 8000 palabras.
A cidade portuguesa de Braga convértese en epicentro da reflexión sobre a relación entre Galicia e os países lusófonos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura oficial do XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que arranca na cidade portuguesa de Braga e cuxo obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos e a denominada lusofonía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello da Coruña organiza unha nova edición do festival de narración oral en galego «Falando a Boca Chea»
Este festival celébrase no Forum Metropolitano da Coruña ata o 20 de abril e inclúe sesións para todos os públicos, así como algunhas específicas para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
José López destaca o firme compromiso coa lingua e cultura de Galicia na súa primeira visita ao Consello da Cultura Galega
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, destacou o firme compromiso da Xunta coa lingua e cultura de Galicia na súa primeira visita institucional ao Consello da Cultura Galega, onde tivo oportunidade de manter un encontro coa súa presidenta, Rosario Álvarez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O último especial da iniciativa Proxector recompila unha selección de vídeos en galego sobre arquitectura
O especial do mes de abril, titulado “Arquitectura: ciencia, arte e construción social”, recolle unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as construcións galegas desde tres puntos de vista: científico, artístico e social.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vigo organiza unha nova edición dos seus monográficos arredor da tradición oral en galego
Ao longo do mes de abril o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo impartirá unha serie de monográficos arredor da improvisación oral, que comezarán co titulado «Oratoria e filosofía de taberna».
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ponse en marcha a segunda edición do programa Educa Audiovisual para a difusión de producións en galego entre o alumnado de secundaria
A Asociación Galega de Produtoras Independentes e a Xunta impulsan este programa para a difusión de producións galegas e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria mediante un catálogo de 14 títulos que se complementan con coloquios cos profesionais do sector.
Fonte: Agapi
A Universidade de Santiago de Compostela crea un novo repositorio audiovisual da comunicación en galego

A Sementeira é un espazo web deseñado “para a innovación do xornalismo e da comunicación en galego” no que se poden atopar os traballos escritos e audiovisuais elaborados polo alumnado da Facultade de Ciencias da Educación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago organiza un concurso para impulsar a edición de artigos en galego na Galipedia

O I Concurso de Edición da Galipedia, dirixido á comunidade universitaria, ten como obxectivo impulsar a creación e a difusión de artigos de calidade en galego en ámbitos como as matemáticas, a psicoloxía e algunhas enxeñerías.
Por primeira vez un podcast en galego opta a un premio Ondas

Exército Mekemeke situouse entre os cinco finalistas dos Premios Ondas Globales del Podcast na categoría de mellor podcast en lingua cooficial do Estado, converténdose así no primeiro programa en galego en optar a estes galardóns.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín