Galicia
A Deputación da Coruña publica a resolución provisional das subvencións aos servizos de normalización lingüística municipais
Estas axudas están dirixidas a concellos e entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2024.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O CEIP López Ferreiro organiza unha nova edición da campaña «Fai un trato co galego»

A campaña «Fai un trato co galego!», que o centro puxo en marcha no curso 2020-2021, ten como obxectivo de animar a empregar o galego o alumnado, así como as institucións e os comercios na súa actividade cotiá.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta bota a andar a XIII edición do programa FalaRedes con preto de 150 sesións de ocio en galego

A Xunta de Galicia bota a andar un ano máis o programa de dinamización lingüística FalaRedes, pensado para encher o tempo de lecer con actividades en galego entre os máis de 200 concellos e agrupacións pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega e o Concello de Ames asinan un convenio para ampliar o proxecto ‘Modo galego, actívao!’

Ambas as institucións continuarán coa súa colaboración coa sinatura dun convenio para ampliar o proxecto ‘Modo galego, actívao!’ aos primeiros niveis da ESO ata o ano 2026, tras os bos resultado obtidos na experiencia piloto deste programa de dinamización lingüística alén das aulas.
Fonte: Real Academia Galega
A XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas premiará a investigación escolar arredor do patrimonio lingüístico e cultural galego

A Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas convocan a XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, destinado a poñer en valor o patrimonio lingüístico e cultural galegos desde o ensino.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo organiza un ciclo de proxeccións para poñer en valor a presenza do galego no sector audiovisual

O ciclo «A lingua galega no cinema», que se desenvolverá nos meses de abril e maio en seis sesións, ten como obxectivo poñer en valor a presenza do galego no sector audiovisual.
Fonte: Universidade de Vigo
A Real Academia Galega actualiza a definición de «autismo» no seu dicionario

Co gallo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, a versión en liña do Dicionario da Real Academia Galega incorpora unha modificación na definición deste trastorno do desenvolvemento neurolóxico.
Fonte: Real Academia Galega
A Deputación de Pontevedra convoca o Concurso Micromuseo ao que se poderán presentar microrrelatos en galego en formato audiovisual
Este certame, que nace para conmemorar o Día Internacional dos Museos, está dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional que poderán presentar un microrrelato en lingua galega en formato audiovisual de non máis de 60 segundos.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Instan o Goberno español a garantir o uso do galego na UNED
O BNG rexistrou varias iniciativas no Congreso para instar o Goberno central a que impulse medidas para garantir que o alumnado da UNED poida realizar os exames en galego e evitar así que se repitan os suspensos por usar esta lingua.
Fonte: Infobae
A Universidade de Vigo organiza unha exposición sobre literaturas francófonas
A Facultade de Filoloxía e Tradución acolle ata o 12 de abril a mostra «Voyage à Travers les livres», unha exposición de libros francófonos que permitirá explorar a riqueza literaria da lingua francesa.
Fonte: Universidade de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín