Galicia
O Concello de Santiago organiza obradoiros de acollemento lingüístico
Destes dous obradoiros de acollemento lingüístico, un vai dirixido a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego e outro para as que que desexan continuar a súa formación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta bota a andar a décimo terceira edición do certame Lingua de namorar dirixido á xuventude

A Xunta de Galicia convoca a décimo terceira edición de Lingua de namorar, o certame en liña de mensaxes de amor en galego que busca dinamizar o seu uso entre a mocidade tanto nas súas relacións persoais como en internet.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES Marco do Camballón presenta a peza audiovisual Neofalantes
A peza audiovisual Neofalantes é unha pílula lingüística na que alumnado e profesorado deste centro de Vila de Cruces que procede de fóra de Galicia (Marrocos, Inglaterra, Venezuela, China, Andalucía, Asturias, Romanía...) explican a súa experiencia vital co galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Entréganse os premios da segunda edición do certame de recursos audiovisuais en galego «Petiscos de ciencia»
A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela entregou os premios deste certame que ten como obxectivo fomentar a creación de recursos audiovisuais en galego de temática científica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta reforza os lazos coa lusofonía na X edición do Festival Cultural converxencias Portugal-Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asiste en Braga a dúas das actividades programadas no marco da X edición do Festival Cultural Converxencias Portugal-Galicia, celebrado entre o 3 de febreiro e o 9 de marzo entre varias cidades das dúas beiras do Miño coa colaboración da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega publica en liña unha recompilación de textos históricos sobre o galego

A Real Academia Galega publicou na súa librería dixital Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936), unha recompilación de máis dun cento de textos sobre o galego producidos entre o ano da fundación das Irmandades da Fala e a aprobación do Estatuto de Autonomía.
Fonte: Real Academia Galega
A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do Premio Rosalía de Castro de Lingua
O Premio Rosalía de Castro de Lingua ten como obxectivo recoñecer iniciativas de normalización lingüística ou traxectorias de persoas e entidades que destaquen polo seu compromiso coa promoción e dignificación do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta celebra o Día da Lingua Materna cunha xornada que reúne preto de 600 participantes do programa escolar ‘21 días co galego e +’

A Xunta de Galicia conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna coa celebración do II Encontro 21 días co galego e +, unha xuntanza lúdica e didáctica que reuniu no Monte Gaiás preto de 600 participantes da VI edición do programa de dinamización lingüística homónimo para intercambiar experiencias, música e xogos ao longo da xornada.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sete producións rodadas en galego desembarcan no Festival de Málaga

O Festival de Málaga, que se celebrará entre o 1 e o 10 de marzo, contará con ata sete producións rodadas en galego no orixinal e outras dúas de produción galega rodadas en castelán.
Fonte: Culturagalega
A compañía Chévere integra o galego e a lingua de signos na súa nova estrea
Chévere estrea o seu novo espectáculo Helen Keller, a muller marabilla? no que explora as posibilidades de integrar nunha mesma obra e ao mesmo nivel o galego e a lingua de signos.
Fonte: Praza
Boletín
Subscríbase ao boletín