Galicia
O uso do galego nas redes sociais centra unha xornada na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo
«Comunica en galego» é o título desta xornada cuxo obxectivo era darlles visibilidade aos creadores e creadoras de contidos en galego nas redes sociais.
Fonte: Universidade de Vigo
As xornadas ‘Olladas no pasado’ reflexionan sobre os 40 anos da Lei de normalización lingüística
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das xornadas «Olladas no pasado 2023: 40 anos da Lei de Normalización Lingüística», organizadas polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Galaxia conmemoran o 95 aniversario do nacemento de Neira Vilas coa reedición de dous clásicos do autor
A Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia celebran o 95 aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas na súa véspera coa reedición de dous clásicos do autor: Historia de emigrantes e Galegos no Golfo de México.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

A Xunta de Galicia impulsa máis dunha trintena de actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre o valor de empregar o galego na divulgación científica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación Galega de Editoras recibe o VI Premio Xela Arias polo seu labor na promoción dos libros en galego

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación decidiu outorgarlle o Premio Xela Arias nesta VI edición á Asociación Galega de Editoras polo seu traballo a favor do sector editorial galego.
Fonte: Galicia Confidencial
A cantante Sés recibirá o XXI Premio Ramón Piñeiro Facer País polo seu labor a prol da lingua e da cultura galegas
María Xosé Silvar, Sés, recibirá o vindeiro 18 de novembro o XXI Premio Ramón Piñeiro Facer País que entrega a Asociación Val de Láncara como recoñecemento ao traballo a prol da lingua e da cultura galegas.
Fonte: CuturaGalega
A Universidade de Santiago de Compostela promove unha iniciativa para divulgar a terminoloxía farmacéutica en galego

A iniciativa #farmatermos ten como obxectivo difundir a través das redes sociais a terminoloxía farmacéutica de uso máis común en galego. Cada semana divulgarase unha imaxe cun termo farmacéutico, acompañado dunha ligazón ao bUSCatermos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase a segunda edición do Premio Alén de novela curta para fomentar a literatura en lingua galega
O Concello de Ares e a editorial Hércules de Edicións anuncian a segunda edición deste galardón que ten como obxectivo fomentar a creación literaria e a riqueza cultural da emigración galega, así como da literatura en galego.
Fonte: Concello de Ares
A Galipedia alcanza os 200 000 artigos en galego no seu vixésimo aniversario

A Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, celebra o seu vixésimo aniversario, unha conmemoración que vén acompañada da superación dun novo fito: alcanzar os 200 000 artigos publicados, o que sitúa o galego como a 53ª lingua con máis entradas na Wikipedia.
Fonte: Praza Pública
Igaciencia organiza unha serie de videoconferencias para conmemorar o XIV Día da Ciencia en Galego

O XIV Día da Ciencia en Galego, cuxo lema deste ano é “Saúde para todos”, renderáselles homenaxe a Alexander Fleming e mais a Domingo García-Sabell. Así mesmo, ao longo de todo o mes de novembro impartirase unha serie de videoconferencias didácticas dirixidas a centros de ensino galegos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín