Galicia
O Goberno español apunta que a única forma válida e oficial dos topónimos de Galicia é a galega
O Goberno sinala como única forma válida e oficial dos topónimos a galega que, polo tanto, é a que debe ser utilizada.
Fonte: Galicia Confidencial
O Museo do Pobo Galego acollerá ata finais de ano a exposición da Xunta en homenaxe a Fernández del Riego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo do Pobo Galego na inauguración da exposición «Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito», impulsada pola Xunta de Galicia e producida pola Editorial Galaxia coa colaboración da Fundación Penzol e a Real Academia Galega (RAG) para dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña asina dous convenios de colaboración para fomentar o uso do galego e contribuír á súa normalización
Un dos convenios de colaboración asinouse coa Mesa pola Normalización Lingüística para financiar o proxecto "A liña do galego" con 34 000 euros. O outro asinouse coa Agrupación Cultural Correlingua para o financiamento da iniciativa "Na casa, na escola, bota a lingua fóra!" con 20 000 euros.
Fonte: Deputación da Coruña
A Xunta colabora cos Bolechas nunha guía que visibiliza a realidade das familias monoparentais entre a cativada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no CEIP de Vite na presentación do novo libro dos Bolechas, a guía Familias monoparentais, impulsada pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) e editado por Bolanda co apoio da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo organiza un hackatón para incorporar novos contidos ao Galizionario, a versión en galego do Wiktionary

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acollerá un hackatón para incorporar novos contidos á versión en galego do Wiktionary, o dicionario multilingüe da Fundación Wikimedia. Esta actividade contará coa participación de quince alumnos e alumnas procedentes de Portugal, Armenia, Alemaña, Ucraína, Nixeria ou Costa de Marfil.
Fonte: Universidade de Vigo
Celébrase o acto de entrega dos I Premios Foro do Bo Burgo que recoñecen o labor de promoción do galego das persoas galardoadas
Os I Premios Foro do Bo Burgo, promovidos polo Concello de Castro Caldelas e mais a Unidade Parroquial do Burgo, teñen como obxectivo recoñecer a persoas físicas e xurídicas que destacan polo seu labor de fomento do galego, así como conmemorar o 795 aniversario do documento Foro do bo burgo de Castro Caldelas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un novo volume publicado pola Real Academia Galega analiza como incide o xénero no uso e na transmisión do galego

O volume Lingua e xénero en Galicia: estado da cuestión analiza como inflúe o xénero no uso e na transmisión do galego, unha cuestión á que, ata o momento, non se lle prestara moita atención dende a sociolingüística.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia coa convocatoria dos premios de podcast Xosé Mosquera ‘O vello dos contos’

A Xunta conmemora o 90 aniversario da radio en Galicia colaborando un ano máis cos Premios de podcast en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", convocados en colaboración co Instituto Rosalía de Castro e Arraianos Producións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ames acolle a gala do certame Galetiktokers na que se premiaron as mellores pezas audiovisuais en galego presentadas

O IV Certame Galetiktokers, organizado polo Concello de Ames, premiou seis vídeos, dos 51 presentados a esta edición, en dúas categorías: 13-16 anos e máis de 17. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a creación de audiovisuais en galego e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers.
Fonte: Concello de Ames
Máis de trinta representantes de entidades de diferentes ámbitos asinan unha carta a prol da oficialidade do galego na UE
A Mesa pola Normalización Lingüística promove unha carta aberta, dirixida aos Estados membros, para solicitarlles que voten afirmativamente para que o galego sexa considerado lingua oficial das institucións comunitarias.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín