Galicia
Os tres protagonistas da webserie “O gran reto” finalizan o seu desafío de vivir 21 días en galego

O gran reto, a webserie impulsada por Alingua na que tres persoas castelanfalantes asumiron o desafío de falar galego durante 21 días, mostra a experiencia de Darío, Martiña e Nelu que explican as súas conclusións, reflexións, atrancos, logros, reaccións das persoas do seu contorno…
Fonte: Concello de Narón
A Xunta crea unha nova liña de axudas para impulsar a participación de creadores galegos en residencias literarias fóra de Galicia

A Xunta crea unha nova liña de axudas para apoiar os creadores galegos no seu labor de difusión da cultura galega fóra da Comunidade e para impulsar as relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia. Poderán participar ata o 31 de outubro escritores, tradutores, deseñadores gráficos ou ilustradores que deberán publicar despois a obra resultante en lingua galega.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello da Coruña organiza unha nova edición do Certame de monólogos cómicos en lingua galega

Convócase o XI Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2023-24, unha iniciativa dirixida aos centros educativos da Coruña que ten como obxectivos fomentar o uso do galego entre o alumnado e potenciar a comprensión e a expresión oral, así como a creatividade neste idioma.
Fonte: Concello da Coruña
A Xunta destina 350 000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais

A Xunta destina 350 000 euros á promoción da lingua galega en 68 concellos e agrupacións locais a través dunha convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para fomentar a prestación dun servizo lingüístico e promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega este 2023.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Case 140 ciclos e mestrados de FP desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24
Un total de 139 ciclos e mestrados de Formación Profesional desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24. A Xunta publicou a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 67 ciclos formativos e 6 cursos de especialización plurilingües que comezan a partir de setembro en 26 centros educativos galegos.
Fonte: Xunta de Galicia
Ata 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na illa de San Simón, unha das novas accións do plan de impulso ao libro galego da Xunta
Un total de 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na illa de San Simón que vén de convocar a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha das novas accións incluídas no Plan de impulso ao libro galego.
Fonte: Xunta de Galicia
A Deputación de Pontevedra concede axudas para actuacións a prol da lingua galega a entidades culturais

A Deputación de Pontevedra repartirá 126 000 euros en axudas entre un total de 57 entidades culturais da provincia para promover, fomentar e difundir actividades de dinamización da lingua galega durante o exercicio 2023.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Xunta apoia 85 proxectos para editar materiais didácticos curriculares en lingua galega

A Xunta destina 200 000 euros á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios este 2023. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que acaba de publicar a resolución pola que se conceden estas subvencións aos 85 proxectos editoriais seleccionados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta convoca 11 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de investigación

A Xunta acaba de convocar por un importe total de 261 360 € un total de 11 bolsas de formación nos proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un encontro afondará no legado de Fernández del Riego na cultura galega
Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un encontro no que se afondará no legado do protagonista do Día das Letras Galegas 2023 dende diversas perspectivas.
Fonte: Real Academia Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín