Galicia
As vendas de libros en galego aumentaron un 6 % en 2022

Na inauguración da Feira do Libro da Coruña, que abriu as súas portas o 1 de agosto, participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, quen salientou o bo momento do libro en galego, cun incremento superior ao 8 % na edición de exemplares nesta lingua e de case un 6 % nas vendas.
Fonte: Xornal da Coruña
A Universidade de Santiago de Compostela organiza cursos de galego para non galegofalantes
Dentro da oferta formativa para o primeiro semestre do curso 2023/2024 inclúense cursos de galego para non galegofalantes (niveis básicos A1 e A2) que están abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Vigo abre o prazo para solicitar axudas aos mellores traballos académicos escritos en galego
Outorgaranse ata 600 euros para as mellores teses de doutoramento escritas en galego e ata 150 no caso dos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Mestrado. Con esta iniciativa a Universidade de Vigo busca impulsar o uso desta lingua neste tipo de traballos.
Fonte: Universidade de Vigo
O cancelo #veránlingua recompilará recursos e recomendacións sobre a lingua galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua recompilará na súa conta de Twitter, por segundo ano, recomendacións de lecturas, audiovisuais, webs de proxectos, campañas, xogos… baixo o cancelo #veránlingua.
Fonte: CTNL
Santiago de Compostela acollerá unha xornada centrada na relación entre toponimia e mundo dixital

A VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos celebrarase na Cidade da Cultura o vindeiro 21 de setembro e nela reuniranse algúns dos maiores especialistas en toponimia e cartografía de España para tratar a relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital.
Fonte: Real Academia Galega
Un total de 14 artistas celebran a música de raíz no Trad Fest
A praza da Quintana e o parque de Bonaval de Santiago de Compostela acollerán o Trad Fest cunha selección de voces da música de raíz dos panoramas galego e internacional. En total haberá 12 horas ininterrompidas de música, baile, tradición e vangarda.
Fonte: Cultura galega
Patrimonio Cultural autoriza o plan especial do concello de Vigo para construír a biblioteca do estado
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, informou favorablemente ao concello de Vigo sobre o plan presentado para a construción da nova biblioteca do estado na cidade.
Fonte: Xunta de Galicia
O circuíto das Feiras do Libro chega a Rianxo con medio centenar de actividades
O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías chega a Rianxo con medio centenar de actividades para todos os públicos. A cita, instalada na praza de Castelao, é a décima parada desta ruta que ata o mes de agosto percorre 15 localidades.
Fonte: Cultura de Galicia
Docentes de español analizan nun congreso en Vigo os retos deste idioma na era da pospademia
Máis dun cento de comunicacións presentáronse no LVII Congreso Internacional da Asociación Europea de Profesores de Español, AEPE, unha cita que ten lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e que reúne arredor de 130 docentes chegados de máis dunha vintena de países.
Fonte: DUVI
Nerea Brey recibe o premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
A actriz e xornalista Nerea Brey recibiu o premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia pola súa obra Manual de patronaxe. Por outra banda, A Panadaría recibiu o premio do público pola súa peza As que limpan.
Fonte: Cultura galega
Boletín
Subscríbase ao boletín