Galicia

Convócase unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!»

A Xunta de Galicia, coa colaboración da CRTVG e Oqo Editora, convoca unha nova edición do certame «Nós tamén creamos!» para a elaboración de curtametraxes en galego co obxectivo de fomentar a creatividade nesta lingua e o uso das TIC entre o alumnado de infantil e primaria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preséntase unha nova edición do proxecto Youtubeiras que premia a creación na rede de contidos en galego

Pontevedra acolleu a presentación da sétima edición de Youtubeiras, que este ano ten como lema «Rede aberta, Rede diversa». Os galardóns repartirán 7500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías.

Fonte: Galicia Confidencial

Xa está aberta a convocatoria para participar nos programas de promoción do galego do Plan Proxecta+

A Xunta de Galicia publicou o regulamento do Plan Proxecta+ destinado aos centros educativos, ao abeiro do que se organizarán varios programas relacionados directamente coa promoción da lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Entréganse os Premios Rosalía de Castro de Lingua

Os Premios Rosalía de Castro de Lingua, que convoca a Deputación da Coruña, recoñeceron na edición deste ano o labor de catro propostas pola súa promoción e dignificación social do galego.

Fonte: Nós Diario

Galicia reúne preto dun cento de voces expertas en toponimia na VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos. O evento, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega, reuniu preto dun cento de persoas do sector da toponimia e da cartografía para tratar a estreita relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Encontros para a Normalización Lingüística deste ano porán o foco no ámbito socioeconómico

Nesta 25.ª edición porase o foco no ámbito socioeconómico, con debates sobre o uso do galego no eido empresarial como sinal de calidade, proximidade e sustentabilidade, ou os dereitos dos usuarios/as e os consumidores/as.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cincuenta personalidades asinan un manifesto en defensa do uso do galego na Cámara Baixa

Medio centenar de personalidades galegas de diferentes ámbitos asinaron o manifesto «Queremos galego tamén non Congreso» co que defenden o uso do galego na Cámara Baixa.

Fonte: Galicia Confidencial

A Universidade de Vigo ofrece sete cursos para mellorar a formación en lingua galega

A ampla oferta formativa para a mellora da formación da comunidade universitaria no que respecta á lingua galega inclúe sete cursos que abordan diferentes aspectos relacionados con este idioma.

Fonte: Universidade de Vigo

A versión inglesa da novela «O último día de Terranova» convértese en finalista no premio de tradución da Spain-USA Foundation

The last days of Terranova, versión en inglés da novela de Manuel Rivas O último día de Terranova, é unha das obras finalistas do premio de tradución da Spain-USA Foundation, convocado pola American Literary Translators Association.

Fonte: Real Academia Galega

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia reclama a presenza da lingua de signos en todos os ámbitos

Co gallo da celebración o 23 de setembro do Día das Linguas de Signos e das Persoas Xordas, a federación galega demanda que se normalice o seu uso como unha lingua máis.

Fonte: Galicia Press

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder