Galicia

O Concello de Santiago de Compostela organiza dous obradoiros de acollemento lingüístico

Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) están dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas. Terán unha duración de 36 horas distribuídas en dúas sesións semanais.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes convoca un curso de galego

Este curso de galego de 40 horas de duración, deseñado para preparar as probas Celga, prolongarase dende o 20 de setembro ata o 15 de novembro de 2023.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición do Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe

A AGAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas, abriu a convocatoria do V Premio Daniel Domínguez de guión en galego para longametraxe 2023-2024, ao que deberán presentarse obras orixinais e inéditas en lingua galega.

Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Convócase o VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba para obras poéticas en lingua galega

O Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa Cultural San Martiño de Pino convocan o VI Certame de Poesía Torre de Caldaloba, ao que poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen sempre que presenten a súa obra en lingua galega.

Fonte: Concello de Cospeito

Unha ruta por Ferrol percorre os lugares da represión da lingua galega na cidade

Carlos Callón, autor da obra O libro negro da lingua galega, exerceu de guía por Ferrol dunha ruta que percorreu os lugares máis importantes da represión do galego na cidade.

Fonte: Diario de Ferrol

A TVG estrea a serie Bechos, un novo contido en lingua galega para promover o coidado ao medio entre a cativada

A TVG presentou  a nova serie de animación infantil Bechos, un proxecto divulgativo que busca sensibilizar os máis novos sobre cuestións medioambientais e que forma parte dos contidos seleccionados pola compañía na convocatoria de proxectos dixitais en lingua galega en apoio do sector audiovisual.

Fonte: CRTVG

Preséntase a programación da nova edición das Festiletras do Couto chea de actividades en galego

A 41.ª edición das Festiletras do Couto estenderase do 1 ao 3 de setembro con novidades como o mercado da Deputación, as acampadas e a gastronomía.

Fonte: La Voz de Galicia

O novo modelo de tradución mediante intelixencia artificial de Meta entende o galego

Meta presentou SeamlessM4T, un modelo de tradución mediante intelixencia artificial multilingüe e multimodal que conta con varias funcións en arredor dun cento de linguas, entre elas, o galego.

Fonte: Código Cero

A Universidade de Santiago convoca a oitava edición do certame #TEDSaúde para a subtitulación de vídeos ao galego

O certame #TEDSaúde ten como obxectivos estimular o uso do galego na área de ciencias da saúde e fomentar a existencia de recursos divulgativos en galego en novos soportes neste ámbito.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega

Poderán optar a estas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes, cunha antigüidade dun ano.

Fonte: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder