Galicia

A nova entrega da iniciativa Proxector profunda, a través de doce vídeos en galego, no mundo da intelixencia artificial

«Proxector: audiovisuais en galego para a docencia», espazo web con recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega, ofrece na súa nova entrega unha ducia de vídeos sobre o mundo da intelixencia artificial.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello da Coruña organiza un programa de andainas para coñecer a toponimia e afondar en aspectos sociolingüísticos da cidade

A iniciativa «A Coruña das Letras» inclúe un programa de andainas guiadas por tres barrios da cidade guiadas polo músico e escritor Xurxo Souto que falará, entre outros temas, da toponimia tradicional, os escritores/as que viviron nos diferentes barrios e de aspectos sociolingüísticos de relevancia para a cidade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ponteareas organiza unha ruta sobre a historia da lingua galega na vila

O Concello de Ponteareas organiza unha visita gratuíta sobre a historia da lingua galega na vila, cun percorrido guiado por Carlos Callón con diferentes paradas cuxo protagonista será Fermín Bouza Brey, un dos escritores máis ilustres do municipio.

Fonte: Faro de Vigo

A Fundación Paco Lareo organiza por vez primeira un certame literario en lingua galega

O Certame Literario Paco Lareo ten como obxectivo promover a creación literaria entre o alumnado de primaria e secundaria. Os poemas que se presenten ao concurso serán de temática libre e inéditos e deberán estar escritos en lingua galega.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Silleda ofrece cursos de galego e castelán a persoas inmigrantes

Co obxectivo de facilitar a integración das persoas inmigrantes, o Concello de Silleda pon en marcha unha nova edición do programa Anduriña, unha iniciativa pola que se impartirán de balde cursos de galego e de español dirixidos a este colectivo.

Fonte: Faro de Vigo

O Concello de Arzúa organiza unha actividade para que a cidadanía escolla a súa palabra favorita en galego

Co gallo da celebración das Letras Galegas 2023, o Concello de Arzúa organiza a actividade «Elixe a túa palabra en galego favorita» que ten como obxectivo promover o uso e o coñecemento do galego.

Fonte: Concello de Arzúa

Unha investigación da Universidade de Santiago analiza a capacidade lingüística dos hititas para expresar as súas emocións

Unha investigación desenvolvida na Universidade de Santiago por João Paulo Galhano analiza a sensibilidade léxica do hitita, a máis antiga lingua indoeuropea coñecida en rexistro escrito, en relación co campo semántico das emocións.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O IES As Telleiras de Narón ofrece en braille unha escolma de poemas da literatura galega

Este centro de secundaria puxo en marcha unha iniciativa na que se mestura literatura galega, inclusión e creatividade a través dun proxecto cuxo resultado foi unha selección de poemas de vangarda en alfabeto braille.

Fonte: La Voz de Galicia

Xa se coñecen os proxectos gañadores da cuarta edición dos Premios Mil Primaveras

A cuarta edición dos Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego recoñeceu o labor destes catro programas: Asociación Faladoiros Vigo, Caranvexo TV, Laboratorio de Apoderamento Lingüístico  e Na Utopía.

Fonte: Premios Mil Primaveras

Denuncian que Naturgy reduciu o horario de atención telefónica en lingua galega

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que Energy reduciu o horario da liña de atención telefónica en galego, o que, segundo este sindicato, evidencia unha falta de compromiso coa sociedade galega.

Fonte: Nós Diario

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder