Galicia
A Real Academia Galega publica un volume dedicado á toponimia de Ribeira
Fernando Cabeza Quiles é o autor do volume Toponimia de Ribeira no que explica a orixe e o significado de máis de 200 nomes de lugar deste concello coruñés.
Fonte: Real Academia Galega
A Deputación da Coruña organiza un ciclo de actividades sobre a represión da lingua galega
A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades de concienciación lingüística, que inclúe debates e unha ruta guiada, co ensaio O libro negro da lingua galega como fío condutor.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego en 858 centros cunha achega de 350 000 €

A Xunta de Galicia promove proxectos para fomentar o uso do galego durante este curso en 858 colexios e institutos sostidos con fondos públicos cunha achega de 350 000 €.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un libro sobre a lingua mirandesa editado pola Universidade de Vigo serve de argumento para un debate parlamentario en Portugal
O volume Persente i feturo de la lhéngua mirandesa: studo de ls usos, atitudes i cumpeténcias lhenguísticas de la populaçom mirandesa, publicado hai dous meses pola Universidade de Vigo, foi citado por varios deputados do Parlamento portugués para esixir unha intervención do Goberno luso na protección do mirandés.
Fonte: Universidade de Vigo
O Colexio de Atín-Cela de Mos e o Instituto de Cotobade de Cerdedo-Cotobade, gañadores do V certame escolar de Podcast “O Vello dos contos”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos V Premios de Podcast Xosé Mosquera Pérez, "O Vello dos contos". De entre os máis de 70 traballos recibidos, resultaron gañadores o Colexio de Atín-Cela de Mos e o Instituto de Cotobade, en Cerdedo-Cotobade, ambos na provincia de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As tres primeiras ferramentas dispoñibles do Proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre os usuarios e os dispositivos tecnolóxicos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na presentación das primeiras ferramentas resultantes do Proxecto Nós, a iniciativa que traballa en incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais. Trátase de tres aplicacións sen precedente en Galicia que permitirán a interacción en lingua galega entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Aparece unha receita en galego do século XV no arquivo da Real Chancillería de Valladolid
Os investigadores Ricardo Pichel e Rodrigo Pousa Diéguez publican un artigo na Revista Murguía que fala do achado dun documento histórico, unha receita da segunda metade do s. XV, de gran relevancia para a historia social da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Pontevedra acolle o acto de entrega dos IV Premios Mil Primaveras que recoñecen proxectos de impulso da normalización do galego
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua entregará o 9 de xuño en Pontevedra os Premios Mil Primaveras, cuxo obxectivo é difundir e poñer en valor proxectos que poden servir de modelo de boas prácticas no ámbito da normalización do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O alumnado do IES Rafael Dieste promove a música en galego coa publicación dunha listaxe coas súas 40 cancións recomendadas
O alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña puxo en marcha unha iniciativa para poñer en valor a música en galego, coa recomendación de 40 cancións e unha listaxe aberta de Spotify con 120 temas.
Fonte: Quincemil
A Xunta e o Instituto Camões colaborarán para certificar o nivel de portugués do alumnado galego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, avanzou que a Xunta de Galicia vai establecer unha colaboración co Instituto Camões que permita a certificación para o alumnado galego que curse lingua portuguesa no sistema educativo galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín