Galicia
A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago convoca dous novos certames para impulsar o uso do galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria lanza unha nova convocatoria dos certames ‘Escolle en galego’ e ‘O teu traballo ten premio’ que teñen como obxectivo incentivar o uso do galego entre o seu alumnado.
O presidente da RAG demanda máis apoio para a educación e os medios en lingua galega
O presidente da Real Academia Galega defende en Cádiz, no IX Congreso Internacional da Lingua Española, a pluralidade cultural e lingüística do Estado español e demanda máis apoio para garantir a presenza do galego nos medios de comunicación e no sistema educativo.
Fonte: Galicia Confidencial
O escritor Suso de Toro cede gravacións do seu fondo sonoro ao Consello da Cultura Galega
O escritor Suso de Toro e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asinaron un acordo polo que o autor cede unha parte do seu fondo sonoro á institución. Entre as gravacións destaca unha longa conversa con Ramón Piñeiro.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Santiago pon en marcha unha campaña de promoción do seu programa de voluntariado lingüístico

A campaña de difusión do programa de voluntariado lingüístico Elos estase a desenvolver nas redes sociais co obxectivo de conseguir voluntarios/as galegofalantes que axuden a outras persoas a aprender galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Nace o Canciños Fest, un novo certame que busca achegarlles o cinema en lingua galega aos máis pequenos

O Festival de Cans organiza no Porriño, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Canciños Fest, un novo certame que ten como obxectivo que os máis pequenos se acheguen ao cine en galego.
Fonte: Xornal21
A Universidade de Santiago convoca unha nova edición dos Premios á calidade lingüística
Os Premios á calidade lingüística chegan á súa edición número dezanove, á que se poderá presentar o alumnado que elabore e, de ser o caso, defenda en lingua galega un traballo académico, TFG ou TFM.
Preséntanse os resultados da experiencia de compromiso lingüístico entre o alumnado de Ames

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de presentación dos resultados da experiencia de inmersión lingüística na que participaron centros educativos de infantil e primaria de Ames ao abeiro do proxecto «Modo galego, actívao!», impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta colabora na celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos cunha decena de actividades culturais
O 12 de outubro de 2023 celébrase o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a institución científico-cultural de principios do século XX integrada por intelectuais galeguistas para estudar e divulgar o patrimonio cultural e lingüístico da nosa Comunidade. Co gallo da conmemoración desta efeméride, a Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega, en colaboración cunha ducia de entidades e institucións galegas, organizan unha programación cunha vintena de accións que se desenvolverán ao longo deste ano e principios do que vén, das que a metade están impulsadas polo Goberno galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Asociación PuntoGal e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua asinan un convenio para promover os produtos en galego

Ambas as entidades asinaron un convenio de colaboración para traballar de maneira conxunta na promoción de produtos en galego a través do proxecto Agasallo. Ao abeiro deste acordo seleccionaranse mensualmente varios produtos que se sortearán nas redes sociais.
Fonte: CTNL
A Xunta conmemora o Día Mundial da Poesía coa lingua e a cultura galegas como eixe central
A Xunta de Galicia celebra, como cada 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía poñendo como eixe a lingua e a cultura galegas nos actos nos que participan o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, no Carballiño (Ourense), e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, en Vigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín