Galicia
Nigrán organiza un concurso vídeo-literario para potenciar a creación artística en lingua galega
O Concello de Nigrán, Teatro do Ar e a cooperativa Somos Terra organizan o concurso «Ollo con Nigrán», un certame vídeo-literario que ten como obxectivo fomentar a creación artística en galego e divulgar a riqueza medioambiental do municipio.
Fonte: Metropolitano
O programa de dinamización lingüística ‘21 días co galego e +’ arranca a súa quinta edición

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron no acto de apertura da quinta edición do programa «21 días co galego e + » impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a xente nova tanto fóra como dentro da contorna escolar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago ofrece cursos de galego para non galegofalantes
Entre a oferta formativa que ofrece o Centro de Linguas Modernas inclúense cursos de galego para non galegofalantes (niveis básicos A1 e A2) que se poderán realizar no campus de Santiago (modalidade presencial) e no de Lugo (modalidade en liña).
Fonte: Consello da Cultura Galega
O catálogo Proxector supera os 1000 vídeos didácticos en galego
Proxector, un espazo web impulsado pola Universidade de Santiago e o Consello da Cultura Galega, xa supera o milleiro de pezas audiovisuais realizadas ou subtituladas en galego dirixidas á comunidade universitaria e ao alumnado de secundaria
Tomiño acolle unha gala para celebrar as conexións culturais de Galicia coa Lusofonía

A Deputación de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) organizaron un acto en Tomiño para celebrar as conexións culturais da Lusofonía e Galicia, sobre todo, no territorio transfronteirizo do Miño.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Xunta reforza o portugués en Galicia coa posta en marcha do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade

O Goberno galego segue traballando no cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida comunmente como Lei Paz Andrade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Dous filmes en galego terán a súa estrea no Festival de Berlín

As longametraxes Matria, de Álvaro Gago, e Sica, de Carla Subirana, estrearanse no mes de febreiro na Berlinale, o Festival Internacional de Cine de Berlín. Ambos os dous filmes rodáronse en galego, co mar como escenario e con mulleres como protagonistas.
Fonte: El Diario
Xa está en marcha unha nova edición do Club de Debate, unha iniciativa de dinamización lingüística organizada por varios concellos galegos

O Club de Debate é un proxecto colaborativo impulsado por varios concellos galegos co obxectivo de contribuír á dinamización lingüística e cultural no ámbito educativo, á fluidez comunicativa en galego, ao pensamento crítico e ao respecto pola diversidade de opinións.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta convoca o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

A Xunta de Galicia acaba de convocar o programa de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para centros educativos no curso 2022/2023. O obxectivo desta iniciativa é animar o profesorado a desenvolver accións que revertan positivamente na dinámica lingüística habitual do centro escolar e xeren melloras permanentes na práctica docente e na realidade do ensino.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A produtora viguesa Lámbrica Producciones impulsa ‘Heliotropo’, unha curtametraxe de ciencia ficción en galego

Lámbrica Producciones están desenvolvendo Heliotropo, unha curtametraxe de ciencia ficción en galego que se atopa en fase de posprodución. Para poder finalizala lanzaron unha campaña de crowdfunding coa que pretenden recadar 2500 €.
Fonte: Xornal
Boletín
Subscríbase ao boletín