Galicia

O Concello de Santiago de Compostela organiza dous obradoiros de acollemento lingüístico

Estes dous obradoiros de acollemento lingüístico, de 36 horas de duración, están dirixidos principalmente a persoas adultas procedentes doutras comunidades lingüísticas que queiran achegarse ao galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Román Rodríguez refírese a Manuel Murguía como un piar fundamental no esplendor creativo da lingua galega

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na Coruña nos actos para homenaxear o escritor Manuel Murguía co gallo do centenario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para participar no concurso de monólogos en galego

O Concello da Coruña abriu o prazo de inscrición na décima edición do Concurso de Monólogos Cómicos en Lingua Galega, un certame dirixido ao alumnado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos da cidade que ten como obxectivo de fomentar o uso do galego entre a mocidade.

Fonte: Concello da Coruña

A Real Academia Galega recolle nun volume preto de 30 traballos sobre os nomes de lugar das rutas xacobeas

O volume Os camiños de Santiago, de Europa a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio inclúe case trinta traballos sobre a toponimia das rutas xacobeas realizados por investigadores de varias universidades europeas.  

Fonte: Real Academia Galega

Entréganse os Premios Youtubeiras 2022 para o fomento de creacións de vídeos en galego en Youtube

O Pazo da Cultura de Carballo acolleu a gala de entrega da sexta edición dos Premios Youtubeiras, uns galardóns que teñen como obxectivo impulsar a creación de vídeos en galego en Youtube.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega

En total convócanse, na modalidade de teleformación, 27 cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo renova a oferta de cursos de formación en lingua galega para o segundo cuadrimestre

Estes cursos están dirixidos á comunidade universitaria e levaranse a cabo en liña nos meses de marzo, abril e maio. Entre as novidades figuran un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas.

Fonte: Universidade de Vigo

Preséntase o premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, un galardón aberto a textos en galego dirixidos á sensibilización da infancia

A Asociación Agadea presentou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago este galardón de literatura infantil aberto a textos orixinais e inéditos escritos en galego que poderán presentarse ata o 1 de xullo. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar e dar a coñecer o alzhéimer entre os máis pequenos.

Fonte: La Voz de Galicia

A RAG e PuntoGal organizan unha nova edición do concurso de microrrelatos co que se busca incrementar a presenza do galego no ámbito dixital

O concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal chega á súa sexta edición para fomentar a expresión creativa e a presenza do galego no ámbito dixital. Poderán presentarse a este certame historias de ata 200 palabras nalgunha das categorías existentes: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e persoas adultas (a partir de 18 anos).

Fonte: Galicia Confidencial

A CTNL publica en YouTube as intervencións da oitava edición do «LGx15. Ideas para o futuro da lingua»

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) publicou na súa canle de YouTube as intervencións da oitava edición do «LGx15. Ideas para o futuro da lingua», que incluíu oito charlas con consellos para influír de xeito positivo no futuro do galego.  

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder