Galicia

A Xunta colabora na homenaxe póstuma ao profesor Basilio Losada coa publicación do libro ‘Cátedra dunha Galicia Universal’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro Cátedra dunha Galicia Universal. Homenaxe ao profesor Basilio Losada, editado pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (FEGALCAT) co apoio da Xunta de Galicia para renderlle unha homenaxe póstuma ao profesor e tradutor, finado o pasado verán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta colabora na primeira tradución ao galego da obra ‘A miña irmá Antonia’ de Valle-Inclán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro A miñá irmá Antonia, de Ramón María del Valle-Inclán, traducida por primeira vez ao galego por Rocío Viéitez co apoio da Xunta, do Concello da Pobra do Caramiñal e do Museo Valle-Inclán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez sinala a Rosalía de Castro como símbolo de unión e de conexión de Galicia co mundo

O conselleiro de Cultura, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou na inauguración da praza Rosalía de Castro na cidade de Pamplona, unha homenaxe coa que a asociación Lar galego rende homenaxe á autora e á nosa Comunidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello da Coruña entrega os premios do certame de fomento da escrita en galego “Cartas de verán”

A alcaldesa da Coruña entregoulles os agasallos ás 42 nenas e nenos que participaron na primeira edición do certame ‘Cartas de verán’, unha iniciativa que, durante a tempada estival, promoveu a escrita en galego entre a cativada de ata 12 anos.

Fonte: A Coruña na Rede

Román Rodríguez amósase en Rabat “orgulloso e confiado” porque un programa cultural nacido nas aulas galegas poida ser considerado pola Unesco “un exemplo para o mundo”

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, xa está en Rabat para apoiar o proxecto «Ponte… nas Ondas!», a candidatura que opta a ser recoñecida pola Unesco como “un modelo para o mundo”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase unha iniciativa lexislativa popular para corrixir os erros no Himno de Galicia

Unha trintena de persoas impulsou unha iniciativa lexislativa popular para corrixir castelanismos e hiperenxebrismos do Himno de Galicia, froito das sucesivas interpretacións e reproducións por escrito do texto.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Vilagarcía organiza un obradoiro para fomentar o uso do galego no ámbito familiar

O sábado 3 de decembro o Concello de Vilagarcía organiza o obradoiro «O Lar das Palabras», unha actividade dirixida a familias con fillas/os con idades de 3 a 8 anos durante a que realizarán o seu propio dicionario en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Outes fomenta o uso do galego no Nadal

O Concello de Outes organiza un ano máis “O noso Nadal”, unha iniciativa coa que pretende promover o uso do galego, así como a creatividade e a decoración das vivendas e comercios no Nadal a través de dous concursos.

Fonte: Concello de Outes

Comeza unha campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para animar a comprar agasallos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou un catálogo de Nadal con máis de cen propostas de agasallos en lingua galega. Con esta iniciativa, que se enmarca no proxecto 'Abertos ao Galego',  a entidade busca recoñecer o papel e o compromiso das empresas que empregan este idioma.

Fonte: Galicia Confidencial

O Premio Otero Pedrayo 2022 recoñece a traxectoria do investigador e xenetista Ángel Carracedo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña na entrega do Premio Otero Pedrayo 2022 que, nesta edición, recaeu no investigador e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder