Galicia
O Proxecto Nós recibe financiamento no marco do PERTE da Nova Economía da Lingua

O Consello de Ministros aprobou o financiamento para o “Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da intelixencia artificial” co que se apoia, entre outras tarefas, a recompilación de recursos en galego de alta calidade (texto e voz) que se publicarán en formato dixital e que serán accesibles de forma gratuíta.
A Xunta afirma que a entrada de Ponte...nas Ondas! na Unesco sería xusto e merecido

Os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, Anxo M. Lorenzo e Mª Carmen Martínez, asistiron no Centro Cultural de Valadares á entrega de premios da V edición do certame “As imaxes do Patrimonio”, onde trasladaron o apoio da Xunta de Galicia á candidatura de Ponte... nas Ondas! que aspira a entrar no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago organiza unha campaña para favorecer a integración lingüística do alumnado

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo busca coa campaña de dinamización do galego ‘Cambia a túa mirada’ favorecer a integración lingüística do alumnado procedente de fóra de Galicia.
Valentín García destaca a contribución de Fernández del Riego á lingua e literatura galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Cova Céltica organizada pola Fundación Eduardo Pondal para presentar o libro Con Pondal en Bergantiños, de Francisco Fernández del Riego e editado por Galaxia.
Fonte: O Portal de Lingua Galega
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a ordenanza lingüística do Concello da Coruña
O TSXG avala esta ordenanza que fomenta o uso do galego no Concello da Coruña e nega que esta prohiba o uso do castelán nunha sentenza do 7 de novembro. Rexeita así o recurso presentado pola entidade Hablamos Español.
Fonte: Cadena SER
Chega a Pontevedra a mostra ‘Compromiso na distancia’ coa que a Xunta homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou en Pontevedra a mostra itinerante “Compromiso na distancia”, unha das iniciativas incluídas na programación impulsada pola Xunta de Galicia con motivo da celebración das Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo organiza o único hackatón dirixido a incorporar contidos ao Galizionario

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle o único hackatón dirixido a incorporar novos contidos ao Galizionario, a versión en galego do Wiktionary que conta a día de hoxe con máis de 75 000 entradas.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta adxudica dez bolsas de formación para a investigación en humanidades no Centro Ramón Piñeiro

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia a resolución de adxudicación de 10 bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, unhas axudas formativas nas que o Goberno galego inviste 237 600 € e coas que busca cada ano fomentar a formación e capacitación das persoas con titulación universitaria, promovendo ao mesmo tempo o ensino, a cultura e a investigación en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A delegada da Xunta en Ferrol pon en valor accións como o Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra á hora de fornecer o uso do galego
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu a sesión de prototipado do Laboratorio de Apoderamento Lingüístico de Ferrolterra deseñado pola cooperativa Rexenerando ao abeiro do programa TeCe Redes en galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña organiza, un ano máis, unha campaña en redes sociais que une lingua galega e ciencia

Comeza a segunda edición de #AsPalabrasdaCiencia, unha campaña, que se difundirá a través das redes sociais durante todo o mes de novembro, coa que a Deputación da Coruña quere demostrar o seu compromiso co mundo científico e a importancia de dinamizar o galego neste ámbito.
Fonte: Deputación da Coruña
Boletín
Subscríbase ao boletín