Galicia
Os premios de banda deseñada e de ensaio subversivo do Instituto Xelmírez I chegan á súa décima edición co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega dos Premios de Banda Deseñada AX1 e de Ensaio Subversivo Guillerme Domínguez, convocados polo instituto IES Arcebispo Xelmírez I coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e da Asociación Cultural Colectivo Xelmírez.
Fonte: O Portal de Lingua Galega
A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas co documental ‘Os Camiños do neno labrego’
A Xunta de Galicia conmemora o aniversario do nacemento do escritor e poeta Xosé Neira Vilas co documental Os Camiños do neno labrego, unha peza audiovisual dirixida e producida por Simone Saibene.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago acolle o primeiro Campionato de Debate en Galego

A Facultade de Relacións Laborais acolle o primeiro Campionato de Debate en Galego, unha actividade formativa, lúdica e competitiva na que o alumnado poderá mellorar a súa capacidade para expresarse oralmente en galego.
Nace “O meu PC”, unha web en galego dedicada a compartir coñecementos sobre cuestións tecnolóxicas

O meu PC, a guía do software en galego é unha web que ten como obxectivo divulgar e compartir coñecementos sobre aplicacións e computadoras e na que se publicará un artigo sobre un tema concreto cada dous días.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta impulsa máis de 40 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

A Xunta de Galicia impulsa máis de 40 actividades para celebrar este novembro o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, así como nas bibliotecas escolares. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá ata o día 30 deste mes, é sensibilizar os máis novos sobre a necesidade de usar o galego na literatura científica.
Fonte: Xunta de Galicia
Estréase Superheroínas, unha serie na que sete voces femininas promoven o uso cotián do galego

A Universidade de Santiago e a Real Academia Galega presentaron Superheroínas, unha produción audiovisual realizada ao abeiro do proxecto ‘Novas voces para a lingua’, cuxo obxectivo é fomentar o uso cotián do galego entre a mocidade.
Fonte: Real Academia Galega
Spotify anuncia que o galego será unha das próximas linguas en incorporarse á plataforma

Despois de que o catalán se incorporarse recentemente a Spotify grazas a un acordo asinado entre o FC Barcelona e a compañía, a empresa anunciou que os seguintes idiomas en ser incorporados a Spotify serán, no ano 2023, o galego e o éuscaro.
Fonte: Neofalantes
O Concello de Melide organiza unha campaña para fomentar o uso do galego no ámbito funerario

Empresas e entidades locais do ámbito funerario sumáronse a campaña «Melide, agora e sempre en galego», unha iniciativa impulsada desde o Concello para avanzar na normalización desta lingua nos actos litúrxicos, as necrolóxicas, os recordos florais, as lápidas funerarias, as derradeiras vontades ou os testamentos.
Fonte: Concello de Melide
A Universidade de Santiago aproba o seu novo Regulamento de Usos Lingüísticos

Co novo Regulamento de Usos Lingüísticos da Universidade de Santiago búscase asegurar o status de lingua propia do galego; garantir os dereitos lingüísticos da comunidade universitaria e da cidadanía en xeral; e contribuír ao uso do galego en certos ámbitos.
O Concello de Ames convoca unha nova edición do Premio Lingua e Empresa

O Premio Lingua e Empresa, que chega este ano á súa quinta edición, ten como obxectivo fomentar o uso do galego na actividade empresarial de Ames. A dotación económica do galardón é de 3000 euros, que se repartirán entre dúas categorías.
Fonte: Concello de Ames
Boletín
Subscríbase ao boletín