Galicia

A organización Galiza Nova organiza un certame de TikTok para desmontar prexuízos contra o galego

Galiza Nova convoca a primeira edición do seu certame de Tiktok ao abeiro da campaña «O galego vai contigo», co obxectivo de darlle visibilidade á comunidade galegofalante desta rede social e desmontar algúns prexuízos que existen contra o galego.

Fonte: Galicia Confidencial

Xunta e Editorial Galaxia presentan a obra de María do Cebreiro ‘Maternidades virtuosas’, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da obra Maternidades virtuosas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, da poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela María do Cebreiro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Bueu organiza unhas xornadas de reflexión sobre o galego e un concurso de vídeos de TikTok nesta lingua

O Concello de Bueu organiza as xornadas «Bueu e a fala: o galego 3.0», que pretenden ofrecer unha reflexión arredor do emprego do galego nas redes e nos novos medios, así como a primeira edición do certame «Mergullándonos no TikTok», co obxectivo de fomentar o uso desta lingua entre a mocidade aproveitando o éxito desta rede social.

Fonte: Concello de Bueu

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas á tradución deste ano

Estas axudas correspóndense tanto a libro galego traducido a outras linguas como doutras linguas para o galego. En total, repartíronse 152 000 euros entre as editoras que recibirán o apoio económico, dividido en dúas anualidades.

Fonte: Culturagalega

Manuel González resulta galardoado nos Premios da Cultura Galega 2022 na categoría de Lingua

Os Premios da Cultura Galega deste ano recoñecen así o labor do académico Manuel González González, director do Dicionario da RAG que conta, ademais, cunha dilatada traxectoria de estudo, defensa e promoción do galego.

Fonte: Real Academia Galega

Preséntase unha serie audiovisual sobre a riqueza do patrimonio toponímico galego vinculado ao mar

A Cooperativa Xarda presenta Na terra fonda, unha serie audiovisual composta de cinco capítulos que pon o foco nos milleiros de microtopónimos que se atopan nos 1720 km que conforman a costa galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Real Academia Galega presenta unha curtametraxe sobre a orixe do galego

A orixe da nosa lingua guapa é unha curtametraxe de ficción dirixida por Damián Varela e baseada nunha idea de Fina Casalderrey que está dirixida a alumnado de infantil e primaria. Con este proxecto audiovisual a RAG inaugura a sección web Lingua Guapa, onde se irán compilando recursos didácticos e lingüísticos dirixidos á rapazada.

Fonte: Real Academia Galega

Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, que cada ano recoñecen campañas publicitarias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega da XXVIII edición dos Premios Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha campaña para impulsar o galego nas consultas de pediatría

A delegación de Lemos da Mesa pola Normalización Lingüística presenta unha campaña para normalizar o uso galego nos servizos de pediatría dos ambulatorios do sur de Lugo a través de adhesivos con mensaxes nesta lingua adaptadas ao público infantil.

Fonte: Xornal de Lemos

A Xunta celebra o Día internacional da tradución coa presentación da XI edición do encontro ‘Con barqueira e remador’ e a entrega do XX Premio Plácido Castro

A Xunta de Galicia celebra o Día Internacional da Tradución con dúas citas: a presentación do Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador» por parte do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o apoio ao XX Premio Plácido Castro, en cuxa entrega participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder