Galicia

A Facultade de Veterinaria organiza un torneo de trivial en galego para axudar na integración do novo alumnado

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acollerá a celebración dun torneo de trivial en galego, co obxectivo de favorecer a socialización e a integración do alumnado.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Real Academia Galega inicia unha nova tempada da serie en liña sobre toponimia

A nova tempada da serie de pezas audiovisuais O Seminario de Onomástica responde servirá para seguir divulgando o valor da toponimia como patrimonio inmaterial e explicar o significado e a historia dalgúns dos topónimos de Galicia.

Fonte: Real Academia Galega

A exposición ‘Bebedeira de ensoños’, producida pola Xunta en homenaxe a Delgado Gurriarán, chega ao Museo do Pobo Galego en Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participaron no Museo do Pobo Galego na inauguración da exposición conmemorativa das Letras Galegas 2022 «Bebedeira de ensoños», dedicada a Florencio Delgado Gurriarán e producida pola Xunta xunto á Editorial Galaxia.

 Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de coñecemento da lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, que terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta inaugura en Ourense a mostra itinerante ‘Compromiso na distancia’ sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Ourense na inauguración da mostra itinerante «Compromiso na distancia» sobre a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2022 Florencio Delgado Gurriarán.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Vigo organiza seis cursos para que a comunidade universitaria mellore o seu dominio do galego

Ofrecerá cursos de galego dende o nivel de iniciación ata o avanzado, así como de linguaxe administrativa e xurídica, de mellora da calidade lingüística, de corrección da escrita coas TIC ou de corrección de erros frecuentes para darlles resposta ás necesidades de toda a comunidade universitaria.

Fonte: Universidade de Vigo

A Xunta presenta a serie audiovisual en galego ‘De aquí para alá’ con motivo do próximo Día Europeo das Linguas

O secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do proxecto didáctico musical De aquí para alá, creado pola pedagoga da Linguaxe e a Educación Musical Lydia Botana.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago convoca a sétima edición do concurso para subtitular charlas de ciencias da saúde ao galego

Organizado polas comisións de normalización lingüística das facultades de Ciencias, Enfermaría, Farmacia, Medicina e Odontoloxía, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Veterinaria, o certame #TEDSaúde naceu pola escaseza de contidos divulgativos sobre ciencias da saúde en galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Real Academia Galega organiza un congreso internacional que analizará a toponimia no Camiño de Santiago

Entre os días 21 e 23 de setembro a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago acolle este congreso que ten como lema «Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio».

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Vigo convoca axudas para fomentar o uso do galego nas teses de doutoramento, TFG e TFM

A Universidade de Vigo destina un total de 12 000 euros para estas axudas, que se repartirán cunha contía individual máxima de 600 € no caso das teses de doutoramento e de 150 € no caso dos TFG e TFM.

Fonte: Universidade de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder