Galicia
A editorial Mundiediciones presenta a edición en galego de ‘Crónica dun peregrino singular’ co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro en galego Crónica dun peregrino singular da editorial Mundiediciones, editado no marco do Xacobeo 21-22 en colaboración coa Academia Xacobea e apoiado pola Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Segundo un estudo de ELE, o galego está lonxe dos obxectivos marcados para 2030 sobre uso en internet e nas tecnoloxías da lingua
Segundo o último informe de European Lenguage Equality (ELE), existe unha fenda importante respecto ao catalán e o éuscaro en canto á presenza na web e en produtos e tecnoloxías desenvolvidos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e a USC organizan unha xornada aberta ao público para implicar a cidadanía no Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega

A Xunta e a Universidade de Santiago organizan unha xornada aberta ao público xeral, universidades, empresas e administracións públicas ao redor do Proxecto Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega, a iniciativa na que se está a traballar para acadar a total inclusión do galego no mundo dixital e tecnolóxico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García salienta o talento creativo en galego das novas xeracións na XIX edición do Festival de Cans

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao XIX Festival de Cine de Cans, no Porriño, que acolleu o encontro Cans do futuro, onde se proxectaron as curtas gañadoras nos premios audiovisuais REC.curta 2022, un certame que convoca Escolas Católicas co apoio da Xunta.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña promove a distribución de filmes en galego
A Deputación da Coruña destina 125 000 euros para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia, cun importe máximo por beneficiario de 30 000 euros.
Fonte: Galicia Confidencial
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra estudarán como se aborda a situación sociolingüística do galego na ESO e en bacharelato
A Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio que ten como obxectivos mellorar o ensino sobre a situación sociolingüística do galego e contribuír a que o alumnado de secundaria e bacharelato comprenda as dinámicas das linguas para garantir o futuro do idioma.
Fonte: Universidade de Vigo
Publícase a convocatoria de subvencións para a edición en galego de materiais didácticos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a convocatoria de axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares, realizados en soportes impresos ou dixitais, para niveis non universitarios.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Publícase a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de axudas aos servizos de normalización lingüística municipais da provincia da Coruña
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou a resolución definitiva das axudas convocadas pola Deputación provincial destinadas a concellos e entidades locais para a creación, o mantemento ou o reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2022.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Unha manifestación percorre as rúas de Santiago para demandar "un novo futuro para a lingua galega"
A plataforma Queremos Galego conseguiu reunir en Santiago varios centos de persoas que, baixo o lema 'En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua', percorreron as rúas da cidade para demandarlle á Xunta que derrogue o chamado decreto do plurilingüismo.
Fonte: Agencia EFE
A Xunta promove os recursos naturais e a lingua no II Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na entrega dos premios do certame promovido pola Xunta para impulsar o coñecemento da Senda Litoral de Galicia, favorecendo o uso do galego e o coñecemento dos recursos naturais e patrimoniais dos territorios polos que transcorre este itinerario de interese paisaxístico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín