Galicia
Conmemoración do 75 aniversario das emisións da BBC en lingua galega

En 2022 fanse 75 anos da estrea do Galician Programme, un espazo radiofónico, emitido pola BBC de Londres, conducido polo locutor Alexandre Raimúndez e no que ata 1956 participou un gran número de colaboradores principalmente con contidos culturais.
Fonte: Culturgagalega.org
A Xunta colabora na segunda edición do festival cultural ‘O que non se escribe’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da segunda edición do festival «O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea», unha cita que conta co apoio da Xunta de Galicia e que está dirixida por Aitana Cuétara, responsable de Luneda Produccións.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Redondela impulsa un proxecto de recuperación da microtoponimia do municipio

O Concello de Redondela puxo en marcha un proxecto de recuperación, conservación, estudo e difusión da microtoponimia do municipio, co obxectivo de evitar a perda da riqueza do seu patrimonio inmaterial. Deste xeito, publicaranse tres libros que recollen a microtoponimia das parroquias de Cabeiro, Negros e Vilar de Infesta.
Fonte: Faro de Vigo
A plataforma Queremos Galego convoca unha manifestación o Día das Letras para reclamar a dignidade da lingua galega
Queremos Galego, plataforma integrada por máis de 500 colectivos, convoca unha manifestación o 17 de maio, o Día das Letras, en Santiago de Compostela baixo o lema «En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua galega».
Fonte: Galicia Confidencial
O certame ‘Mondoñedo é poesía’ chega á súa oitava edición co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á presentación da oitava edición de “Mondoñedo é poesía” no Pazo de San Roque.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza o Correlingua 2022, a carreira a prol do galego que percorrerá máis de 20 centros educativos entre maio e outubro

Baixo o lema «Fálame!», o Correlingua percorrerá máis de vinte centros educativos das catro provincias de Galicia para reivindicar o uso do galego en todos os contextos sociais.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un documental sobre Vicente Risco achega unha visión renovada e rigorosa sobre a súa figura para servir como nova ferramenta pedagóxica
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou dous dos documentais producidos ao abeiro do Fondo de Proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, un sobre a figura de Vicente Risco e outro sobre o traxe galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia estrea novo espazo web
A través deste novo espazo web poderase acceder aos proxectos e recursos impulsados por este centro que busca xerar un intercambio e diálogo de materiais relacionados co proceso de normalización do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
‘FalaRedes 2022’ abre cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a XI edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2022, que a Xunta de Galicia pon en marcha en concellos e entidades adscritos na Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Parlamento de Galicia insta a Xunta a impulsar a creación de produtos culturais en galego para a infancia
O Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de lei na que se insta a Xunta a impulsar a creación de produtos culturais en galego dirixidos a menores e a poñer en marcha campañas de animación ao consumo da cultura galega entre a infancia e a mocidade.
Fonte: Galicia Press
Boletín
Subscríbase ao boletín